José Ramón Fernández-Bugallal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Ramón Fernández-Bugallal
Falecemento25 de xaneiro de 2007
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

José Ramón Fernández-Bugallal Barrón, conde de Bugallal, falecido en Madrid o 15 de decembro de 2006,[1] foi un político e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu sobre 1917.[2] Fillo de María del Carmen Bugallal e do deputado Manuel Fernández Barrón, herdou o título de conde de Bugallal ao morrer a súa nai en 1970. Era neto de Gabino Bugallal.[1]

Fixo carreira política e empresarial durante o franquismo. Acadou o posto de subsecretario de Economía Financeira do Ministerio de Facenda, e ocupou cargos como a presidencia da Unión Española de Financiación, a Unión Internacional de Financiación, a Asociación Española de Leasing, e asociacións equivalentes. Foi o fundador da empresa de xestión internacional Altair Asesores, con sede en Madrid. Tamén presidiu o Canal de Isabel II e pertenceu ao Consello Privado de Xoán de Borbón,[3][4] o pai de Xoán Carlos I de España. Ademais do seu monarquismo, foi vicepresidente do Consello Superior de Acción Católica.[Cómpre referencia]

Tivo catro fillos, dos cales a morgada Cristina Fernández-Bugallal, herdou o título.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bardavío, Joaquín (24 de febreiro de 1968). "El Consejo Privado del Conde de Barcelona". Triunfo XXII (299): 10–13. 
  • Gómez de la Serna, Pedro (28 de decembro de 2006). "Admiraba el genio y la excelencia". ABC: 54.