Cristina Brea Lodeiro
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1973 Vigo |
| Educación | Universidade de Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | fotógrafa, profesora |
Cristina Brea Lodeiro, nada en Vigo en 1973, é unha artista plástica galega, especializada na fotografía e o gravado.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Belas Artes na facultade de Belas Artes de Pontevedra, e realizou un máster organizado polo Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos. Actualmente é profesora de debuxo no IES Alexandre Bóveda de Vigo.
Colaborou con fotografías no deseño de dous discos de Son de seu, un de Mercedes Peón e o da Señora Carmen.