Cristina Almeida
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
María Cristina Almeida Castro, nada en Badaxoz o 24 de xullo de 1945, é unha avogada e política española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de Dereito na Universidade de Madrid. Destacada avogada laboralista e feminista, defendeu perante os tribunais de xustiza os dereitos da muller, dos traballadores e dos presos políticos durante o franquismo.
A partir de 1979, desempeñou o cargo de concelleira en Madrid polo Partido Comunista de España, ao que pertencía desde 1963, ata que en 1981 foi expulsada xunto a outros membros do sector renovador, ao enfrontarse ao entón secretario xeral Santiago Carrillo.[Cómpre referencia]
Participou na fundación da coalición electoral Izquierda Unida en 1986, saíu elixida deputada en 1986, 1989 e 1993, ano no que renunciou ó seu escano. En 1997, xunto cos outros membros da corrente Nueva Izquierda de IU, formou o Partido Democrático de la Nueva Izquierda con Diego López Garrido. Tras diversos enfrontamentos co dirixente de IU, Julio Anguita, o PDNI integrouse no PSOE, e Cristina Almeida foi candidata socialista á Presidencia da Comunidade de Madrid en 1999, obtendo o 37,2 % dos votos e sendo elixida deputada.
Colaborou en numerosas revistas sobre problemas xurídicos, da muller, dos barrios e das asociacións de veciños. Entre as súas publicacións, figura o ensaio La mujer y el mundo del trabajo (1982).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cristina Almeida |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados Arquivado 24 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
- Deputados da Asemblea de Madrid polo PSOE
- Feministas de España
- Deputados do Congreso dos Deputados por IU
- Concelleiros de Madrid
- Deputados da V Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Senadores por designación da Asemblea de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)