Saltar ao contido

Crioulo annobonense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crioulo annobonense
 Subclase de
Características
 Alfabeto
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   5.600 (2010) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04hmdh Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3fab Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5fab Editar o valor en Wikidata
IETFfab Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O crioulo annobonense, tamén coñecido como Fá d'Ambô (do portugués: Falar de Ano Bom), é unha lingua crioula de base lexical portuguesa que se fala nas illas de Annobón e Bioko, en Guinea Ecuatorial. Fálano principalmente persoas de ascendencia mixta africana e portuguesa ou española.

A actitude do país cara a lingua é en xeral positiva e ensínase mediante cursos na súa capital, Malabo.

No século XV a illa de Annobón foi descuberta polos portugueses e estaba deshabitada, polo que axiña comezaron a poboala traendo escravos. O crioulo comezou a ser falado polos descendentes de homes portugueses e mulleres africanas escravas traídas doutros lugares, especialmente de Angola e San Tomé, e polo tanto ten grande influencia do crioulo forro que falaban os escravos de San Tomé. España, mediante o Tratado de El Pardo fixo un intercambio de territorios portugueses no golfo de Guinea por territorios en América do Sur, polo que a illa de Annobón e o que hoxe en día é Guinea Ecuatorial pasaron a España. A poboación de Annobón, incómoda baixo o dominio español era hostil. Co tempo a poboación adaptouse á nova cultura e ao castelán, resultando unha nova mestura.

O goberno de Guinea Ecuatorial financiou un estudo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) en Annobón, que comprobou a forte ligazón e conexión entre as poboacións crioulas de San Tomé e Príncipe, Cabo Verde e Guinea-Bissau.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

O crioulo annobonense é análogo ao crioulo forro. De feito, deriva del xa que comparten a mesma estrutura e o 82% do léxico. Após que Annobón pasase a formar parte de España, a lingua incorporou moitas palabras de orixe castelá (un 10% do léxico), pero ás veces é complicado determinar de que lingua provén cada palabra dada a similitude entre o portugués e o castelán. Hoxe en día, o castelán é a lingua oficial de Annobón, aínda que non se fala moito e o crioulo ten un uso moi amplo na illa, así como tamén na capital, Malabo, e mesmo na parte continental de Guinea Ecuatorial.[2]

O portugués estándar úsase como lingua litúrxica, sendo de feito unha lingua oficial do país, pero só se usa rara vez en Bioko e no río Muni.[3]

  1. ↑ Sol, ed. (5 de febreiro de 2014). "Formação de professores e programas televisivos introduzem português na Guiné-Equatorial" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2021.
  2. ↑ Ethnologue (ed.). "Fa d’Ambu". Consultado o 7 de marzo de 2021.
  3. ↑ Gobierno de la Republica de Guinea Ecuatoria (ed.). "El portugués será el tercer idioma oficial de la República de Guinea Ecuatorial". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2015. Consultado o 7 de marzo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hammarström, Harald; Forkel, Robert; Haspelmath, Martin; Bank, Sebastian, eds. (2016). Annobonese. Glottolog 2.7. Jena: Max Planck Institute for the Science of Human History.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]