Costa Amalfitana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Costa Amalfitana
Sentier des dieux-Positano-gb.JPG
Vista da costa
[[Ficheiro:
Costa Amalfintana en Italia
Costa Amalfintana
Costa Amalfintana
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísItalia Italia
Localización40°38′00″N 14°36′00″L / 40.63333, -14.60000
TipoCultural
CriteriosII, IV, V
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador830

A Costa de Amalfi (italiano: Costiera Amalfitana) é un tramo de costa situada na costa norte do golfo de Salerno no mar Tirreno, situado na provincia de Salerno no Mezzogiorno.

A Costa de Amalfi é un popular destino turístico da rexión e Italia en xeral, e atrae a miles de turistas anualmente.[1] En 1997, a costa de Amalfi apareceu como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Durante os séculos X-XI, existíu o Ducado de Amalfi no territorio da costa de Amalfi, centrado na cidade de Amalfi. A costa de Amalfi foi posteriormente controlada polo Principado de Salerno, ata que Amalfi foi saqueada pola República de Pisa en 1137.[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista da costa de Amalfi

Do mesmo xeito que o resto da rexión, a costa de Amalfi ten un clima mediterráneo, con veráns cálidos e invernos suaves. Está situado na relativamente empinada costa sur da Península Sorrentina, deixando pouco espazo para os territorios rurais e agrícolas.[4]

A costa comprende 11.231 hectáreas entre o Golfo de Nápoles e o Golfo de Salerno.[5] A única ruta terrestre á costa de Amalfi é a Strada Statale 163 de 40 km. de longo que discorre ao longo da liña de costa desde a cidade de Vietri sul Mare no leste a Positano no oeste. A costa de amalfi divídese en trece concellos, moitos deles centrados no turismo.[6]

Municipios[editar | editar a fonte]

Municipio Frazioni Attraccións
Vietri sul Mare Albori, Benincasa, Dragonea,[7] Molina, Raito Igrexa de San Xoán Bautista
Cetara Fuenti Torre de Cetara
Maiori Erchie, Ponteprimario, San Pietro, Santa Maria delle Grazie, Vecite Colexiata de Santa Maria, Castelo de San Nicola de Thoro Plano, Santa Maria de Olearia
Tramonti Campinola, Capitignano, Cesarano, Corsano, Figlino, Gete, Novella, Paterno Sant'Arcangelo, Paterno Sant'Elia, Pietre, Polvica,[8] Ponte, Pucara Conservatorio de Pucara, igrexa rupestre de Gete
Minori Montecita, Torre Igrexa de Santa Trofimena e antiga vila romana
Ravello Casa Bianca, Castiglione, Marmorata, Sambuco, Torello Villa Cimbrone, Villa Rufolo, San Giovanni del Toro, e o Duomo (Catedral)
Scala Campidoglio, Minuta, Pontone Catedral de Scala
Atrani non Igrexas de San Salvatore del Birecto e Santa María Maddalena
Amalfi Lone, Pastena, Pogerola, Tovere, Vettica Minore Catedral de Amalfi, e o seu claustro (italiano: Chiostro del Paradiso)
Conca dei Marini non Igrexa principal de San Xoán Bautista e Gruta Esmeralda
Furore Fiordo di Furore, Marina di Praia[9] Fiorde de Furore
Praiano Vettica Maggiore Igrexas de San Luca e San Gennaro e San Xoán Bautista
Positano Montepertuso, Nocelle Igrexa de Santa Maria Assunta


Vista panorámica da cidade de Amalfi vista desde o peirao coa catedral de Amalfi no centro

Vista panorámica da cidade de Amalfi vista desde o peirao coa catedral de Amalfi no centro


Economía[editar | editar a fonte]

A costa de Amalfi é coñecida pola súa produción de licor de limoncello, xa que é unha coñecida zona de cultivado de limóns, coñecidos como sfusato amalfitano en italiano, que se cultiva en xardíns en socalcos ao longo de todo costa entre febreiro e outubro.[10] Amalfi tamén é un coñecida por producir un papel groso feito a man que se denomina bambagina.[11] Outros produtos locais de renome son un tipo particular de anchoas (local italiano: alici) de Cetara e a colorida cerámica artesanal de Vietri.Modelo:Cn

Transporte[editar | editar a fonte]

Hai autobuses e transbordadores pola Costa de Amalfi.[12] Hai tamén excursións en barco desde Positano e Amalfi.

Aeroporto[editar | editar a fonte]

O aeroporto máis próximo é o Aeroporto Salerno Costa d'Amalfi. Non obstante, o aeroporto máis utilizado para chegar desde o estranxeiro é o Aeroporto Internacional de Nápoles (Napoli-Capodichino).

Vista de Atrani desde a costa
Vista panorámica de Positano
Amalfi desde un barco turístico


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bay of Naples & Amalfi Coast History". Unique Costiera. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  2. "Costiera Amalfitana". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  3. Matthews, Jeff. "Naples". Around Naples Encyclopedia. University of Maryland University College. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  4. "Amalfi Geography". Authentic Italy. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2008. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  5. "The Amalfi Coast - UNESCO World Heritage Sites - Travel ideas". Italia.it. Consultado o 2018-03-30. 
  6. "Amalfi People and Culture". Authentic Italy. Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  7. Incluídas as localidades de Iaconti e San Vincenzo.
  8. Polvica é a sede municipal de Tramonti.
  9. Parte incluído no municipio de Praiano.
  10. "National cultivars". Limmi. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 30 de xuño de 2011. 
  11. "The Amalfi Coast Paper Museum". Consultado o 26 de xaneiro de 2012. 
  12. "Amalfi coast bus & ferries: Timetables". Theamalficoast.net. Consultado o 14 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]