Cosroes I
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 501 Ardestan (Imperio Sasánida) |
Morte | 579 (77/78 anos) Ctesifonte (Imperio Sasánida) |
Rei do Imperio Sasánida | |
13 de setembro de 531 – 31 de xaneiro de 579 ← Kavadh I (pt) – Hormisda IV da Pérsia (pt) → | |
Comandante en xefe | |
Datos persoais | |
Relixión | Zoroastrismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca, líder militar |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército sassânida (pt) |
Outro | |
Título | Rei de Reis |
Familia | Sassânidas (pt) |
Fillos | Hormisda IV da Pérsia, Anasozado |
Pais | Kavadh I e Newandukht |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia The Nuttall Encyclopædia >>>:Chosroës I. Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Cosroes I ou Khosrau I (en persa: انوشروان [Anushiravān]; 501 - 579) foi un dos reis máis importantes da dinastía sasánida do Segundo Imperio Persa. Foi o artífice da expansión do imperio ata o río Indo e o mar Vermello, e enfrontouse ao Imperio Bizantino polo dominio do Oriente Medio. Os seus ataques foron tan contundentes que o emperador bizantino Xustiniano tivo que comprar a paz pagando un tributo de 11.000 pezas de ouro. Reorganizou a administración do imperio, que dividiu en catro distritos.[1] Foi un rei tolerante e acolleu aos últimos filósofos pagáns de Atenas cando o emperador pechou a Academia de Atenas.[1] Reinou durante case medio século, dende o 531 ata o 579,[1] cando Hormizd IV o sucedeu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Asimov, Isaac (1980). El Cercano Oriente (en castelán). Alianza. ISBN 9789686001099.