Cortiza
A cortiza é a casca exterior feita de materia morta e dura da sobreira (Quercus suber) e dalgunhas outras árbores. É incorrecto utilizar cortiza para denominar a casca doutras especies (un castelanismo pola influencia da palabra corteza), pois en galego debemos usar casca ou paraza.[1][2]
A cortiza foi o primeiro material biolóxico en ser observado ó microscopio e, debido á súa especial estrutura de macrocélulas, permitiu supoñer que os tecidos están formados por células.
Usos
[editar | editar a fonte]Os usos da cortiza son moi variados debido ás súas características, moi importantes e dificilmente conseguibles mediante materiais sintéticos:
- resistencia térmica e estrutural: debido a proceder dunha planta de tendencia mediterránea, resiste ben o lume creando unha pátina de material carbonizado que evita a combustión de subseguintes materiais interiores: isto acontece tamén en situacións de temperatura non extrema, pois é un moi bo illante térmico;
- illante acústico: pola súa estrutura en capas presenta cualidades perfectas para a hermetización sónica;
- compresible elasticamente: en situacións de presión física tamén resulta útil, pois recupera a estrutura inicial tras unha deformación;
- pouca densidade: isto permítelle flotar, o que fai un complemento ideal na práctica da pesca;
- durabilidade: baixo pouco coidado, o seu grao de putrefacción e biodegradación é moi baixo, tendo poucos inimigos microbióticos naturais;
Os seus usos máis comúns son como rollas para selar botellas, pezas industriais pequenas e de características moi especiais (xuntas, amortecedores) e material de decoración (a súa cor e textura permiten a creación de ambientes moi cálidos, coma no uso da madeira). O seu uso está restrinxido polo seu prezo moito maior cós materiais sintéticos, pero o seu rendemento e duración son moito maiores.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pousavasos de cortiza
-
Taboleiro de cortiza de uso escolar, utilizado para fixar anuncios e avisos
-
Piso de cortiza nun cuarto de baño
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ casca, 3ª acep., no Dicionario da RAG.
- ↑ paraza 2ª acep., no Dicionario da RAG.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cortiza |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aronson, J.; Pereira, J. S. & Pausas, J. G. (2009): Cork Oak Woodlands on the Edge. Ecology, Adaptive Management, and Restoration. Washington DC: Island Press. ISBN 978-1-5972-6479-2.
- Hongos y micotoxinas en tapones de corcho. Propuesta de límites micológicos aceptables de Margarida Pi i Contallé. 2006. Responsable de laboratorio de Manuel Serra (en castelán)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Institut Català del Suro (en catalán).
- RETECORK. Xarxa Europea de Territoris Surers (Rede Europea de Territorios Corticeiros) (en catalán).
- CORK, iniciativa llevada a cabo por instituciones y patronales del sector del corcho para su promoción Arquivado 12 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. (en castelán).
- Aronson J., Pereira J.S., Pausas J.G. (eds). 2009. Cork Oak Woodlands on the Edge: conservation, adaptive management, and restoration. Island Press, Washington DC. 315 pp.
- Información sobre el corcho y el alcornoque - 7decopas.com (en castelán).
- Museo Virtual del CorchoArquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. de San Vicente de Alcántara (en castelán).
- Museu del suro de Palafrugell (en catalán).
- El corcho, su proceso productivo y controles de calidad (en castelán).