Saltar ao contido

Corredores de sombra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Corredores de sombra
Título orixinalCorredores de sombra, Corredores de sombra, Passadissos d'ombra e Corridors of Shadow
Autor/aAgustín Fernández Paz
CubertaAntonio Seijas
OrixeEspaña
Linguagalego
ColecciónFóra de Xogo (nº 91)
Xénero(s)literatura xuvenil
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.marzo 2006
Formato13 x 21 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas232
ISBN978-84-9782-425-5
editar datos en Wikidata ]

Corredores de sombra é un libro de Agustín Fernández Paz publicado en 2006 por Edicións Xerais. En maio de 2008 saíu do prelo a 6ª edición.

Clara Soutelo é unha rapaza de 15 anos que veranea no pazo que os seus pais teñen na vila de Cartelle. Membro dunha familia "ben", as súas afeccións son ler e escoitar música punk, e todo apunta a que vai ser outro aburrido verán. Porén, tras coñecer a Miguel, un rapaz da vila, e coa compañía do seu tío, axudará a sobrelevar e investigar a aparición dun esqueleto emparedado entre dous tabiques da súa casa.

Narración

[editar | editar a fonte]

A trama está ambientada en 1995, se ben a autora nárrao no 2005, lembrando os feitos e incluíndo anacos do seu diario. Utilizando a primeira persoa, non se limita a comentar os feitos, senón que continuamente lembra os seus sentimentos daquel verán, no que tivo bos momentos (como coñecer ao seu primeiro amor) e malos (como aturar as continuas rifas co seu pai e os desencontros coa familia).

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. "Corredores de sombra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18. 
  2. "Passadissos d'ombra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18. 
  3. "Corridors of Shadow". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]