Correcamiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Correcamiños
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Cuculiformes
Familia: Cuculidae
Xénero: Geococcyx
Especie: G. californianus
Nome binomial
'Geococcyx californianus'
Lesson, 1829
Área de distribución de G. californianus
Área de distribución de G. californianus

Área de distribución de G. californianus

O correcamiños, Geococcyx californianus,[1][2] é unha especie da familia Cuculidae coñecida por ser a maior das dúas especies de Geococcyx que existen e que habita nos Estados Unidos e en México.[3]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A súa distribución en México vai desde a meseta central á planicie costeira do Pacífico e do Golfo, excluíndo as cimas que exceden os 2700 msnm da Serra Madre Oriental e Serra Madre Occidental. Adoita encontrarse xunto con vexetación xerófita, de matogueira desértica, espiñenta ou de chaparral.

Comportamento[editar | editar a fonte]

Geococcyx californianus correndo en Huépac, México.

É unha ave de costumes terrestres, aínda que realiza pequenos voos de pairo desde árbores e arbustos ao chan. Adoita alimentarse de pequenos réptiles, de pequenos mamíferos e de insectos. As súas niñadas son de entre dous e seis ovos, que choca durante uns vinte días. As súas plumas son de cor castaño claro ou agrisado con negro, de forma que se mimetiza co chan onde vive.

Ten un rabo largo, que lle serve de temón cando emprende a carreira e que lle permite xirar rapidamente. Adoita alcanzar velocidades duns 32 km/h; aínda que hai referencias bibliográficas de 67 km/h, que parecen ser esaxeradas.[4][5] A pesar de que non o adoita facer, pode voar se for necesario (como para fuxir de certos depredadores).

A súa esperanza de vida adoita ser de até oito anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de correcamiños no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "Geococcyx californianus". eBird. The CornellLab of Ornithology. Consultado o 15 de maio de 2020. 
  3. "Geococcyx californianus". eBird. The CornellLab of Ornithology. 
  4. Lockwood, M. W. 2007. Basic Texas Birds: A Field Guide. University of Texas Press. ISBN 0-292-71349-9
  5. Ganeri, A.; Green, J.; Hawksley, L.; Penny, M.; Pope, J. Stidworhty, J. Preguntas y respuestas sobre el mundo animal. Parragon Books Ltd., 2006. ISBN 1-40546-527-7, p. 177