Cornelius (músico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Keigo
Keigo Oyamada aka Cornelius.jpg
Cornelius en 2007
Nome completoKeigo Oyamada
AliasCornelius
Nacemento27 de xaneiro, 1969
OrixeToquio, Xapón
CónxuxeTakako Minekawa
OcupaciónMúsico, Produtor, Vocalista
XéneroShibuya-kei
Indietronica
Rock alternativo
Art rock
Instrumento(s)Guitarra, Voz
Selo(s) discográfico(s)Trattoria Records, Warner Music Group, Matador Records , Everloving Records
Relacionado conFlipper's Guitar
Takako Minekawa
Na rede
Páxina oficial
editar datos en Wikidata ]

Cornelius (コーネリアス, kooneriasu), de nome real Keigo Oyamada (小山田圭吾),nado o 27 de xaneiro, 1969 en Setagaya, Toquio, é un artista e produtor xaponés, situado na posición 43 dos cens músicos máis importantes do Xapón segundo HMV.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Oyamada saltou a fama como membro do dúo de pop chamado Flipper’s Guitar, un dos grupos clave da escena de Shibuya-kei de Tokio. Despois da disolución do grupo en 1991, Oyamada púxose o alias de "Cornelius" e embarcouse nunha carreira en solitario.

Numerosos críticos americanos describen o estilo musical do artista como similar a de Beck, a quen recoñece como influencia xunto con The Beach Boys, The Jesus and Mary Chain, Primal Scream e banda brasileira Kassin + 2, xunto moitos outros.

A música de Cornelius podería describirse como experimental e exploratoria, xa que acotío incorpora elementos disonantes harmonicamente xunto a máis sons familiares e "agradables". Esta tensión, ademais da súa práctica de levar nos sons e os samples de cultura de masas, tons electrónicos puros, e os sons da natureza (como no seu álbum Point), levouno a ser categorizado como un "gusto adquirido".

Elixiu o seu pseudónimo en homenaxe ó personaxe do filme O planeta dos simios.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]