Conversa usuario:Xoacas/2009

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boa noite, Xoacas. Por favor, antes de desfacer as correccións que che fan outros usuarios, neste caso eu, mira de te cerciorares de que as teñes todas contigo. Póñoche exemplos: dá, humano ou discontinuo son as formas correctas, e non as que ti tiñas e teimaches en repór. Se tes dúbidas, exponas, pero non arramples coas correccións dos demais, a non ser que teñas a certeza de que hai unha razón para que así sexa. Non dubides en preguntar se non che queda claro. Un saúdo e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 22:36, 16 maio 2009 (UTC)

E sempre que sexa posíbel, procura engadir as fontes de onde tiras os datos. Cantas máis referencias, mellor. E se non estás seguro, mellor non pór nada que pór un dato erróneo (penso na chegada dos suevos a Galicia, que situaches no século VI, cando non é así). A túa colaboración é de agradecer, sen dúbida; e xa se fas isto, moito máis. Outro saudiño.--Atobar (conversa comigo) 23:05, 16 maio 2009 (UTC)

Dúbidas[editar a fonte]

Non sei se iste é o xeito de proceder habitual entre os galipédicos, pero a entrada sobre a Cidade Difusa non pretendía ser outra cousa que un embrión do que espero poder facer un artigo serio próximamente. Escribino e deixeino durmir por hoxe, que xa non son horas. É certo que o dato sobre a data da chegada dos suevos a Galicia púxeno de memoria, pero convencido de que era ese. Quero decir que si tivera dúbidas optaría por prescindir del. Se cadra debería traballar un pouco máis pola miña conta antes de publicar nada. Non sei. Admítense suxestións. Por certo, a túa mensaxe anterior, falando do artigo da Colmea, non a vira ata hoxe. Non son un wikífilo habitual, só participo cando me da a arroutada. Lamento non che ter contestado antes.

Cidade difusa e outros[editar a fonte]

Bo día, Xoacas. Non pasa nada polo erros. É o máis normal do mundo. Ninguén nace aprendido, din decote por aquí. Mira, o que fixen foi porlle o marcador de EnUso ao artigo de Cidade Difusa e deixar dito que o vas seguir editando ti. Ese marcador pódelo deixar até un mes enteiro, tempo no que ninguén haberá tocar o que fagas. É bastante simple, non si? Ao respecto do artigo Colmea, non fun eu quen che deixou a mensaxe, senón Lameiro. Sigue traballando com até o de agora, pero mira de pór referencias, que son un punto básico. Como che dixen, cantas máis referencias mellor. E un conselliño: procura pór frases sinxelas, curtas, sen moito rebumbio nin pompa. Porque dese xeito é moito máis sinxelo para o lector que vai na busca de información e tamén para o corrector que vai na busca de grallas. Dálle duro á Galipedia, que é un proxecto ilusionante, e non dúbides en me contactar se tes problemas. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 10:46, 17 maio 2009 (UTC)

Ola, Xoacas. Ben, ao primeiro dicirche que o artigo ten contido abondo, é bastante completiño. De calquera maneira, un artigo sempre é mellorábel e claro que se lle poden ir engadindo máis contidos de a pouco e sobre todo referencias que os sustenten. Despois, ao segundo que me preguntas, o de cambiar o título do artigo, antes de facer nada debes expoñelo na páxina de conversa do propio artigo, e agardar a que opinen os demais usuarios. Eu de arquitectura seiche pouco, pero coido que a usuario Elvire podería botarche unha man en canto a conceptos, polo menos iso parece en base ás súas opinións na mencionada páxina de conversa. Ti propón aí e a partir dun consenso o título se muda se cómpre mudalo e se deixa quietiño se cómpre deixalo quietiño. Sinto non poder ser de máis axuda, pero o certo é que non sei do tema. Ai, por certo, hai unha usuaria nova que tamén é arquitecta (ou en proceso de): Salvora. Coméntallo se queres. Un saúdo e a traballar. --Atobar (conversa comigo) 23:24, 6 xaneiro 2010 (UTC)
Ola, Xoacas. O teu artigo cidade difusa ten algúns problemiñas. Como xa leva tempo arrastrándoos, podes mirar de darlle unha solución? Se tes calquera dúbida, pregúntme/nos sen medo. --Xabier Cid Conversa 10:28, 7 xaneiro 2010 (UTC)