Conversa usuario:Xmps

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Xmps!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:17, 16 de xaneiro de 2011 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Ola Xmps, cando crees novos artigos debes dicir de onde sacas a información, se traduces doutra wiki ten en conta que os textos de Wikipedia, en tódalas linguas, publícase baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desa licenza está o recoñecemento.

Quere dicir que cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

exemplo
exemplo


1.   A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués


2.   Alternativamente tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}


Para engadir a información tes que poñer <ref>DE_ONDE_SACAS_A_INFORMACIÓN</ref>, para o que tés modelos como {{cita web}} ou {{cita libro}} e incluír no artigo unha sección cara ao final del así

==Notas==  
{{Listaref}} 

Por favor inclúe de onde sacaches a información nos artigos que creaches, porque senón haberá que poñerlles a todos o marcador {{Sen referencias}}. Tes máis información sobre todo isto en WP:CITE, WP:V e WP:NFP, entre outros, recoméndoche tamén que lle votes un ollo ás ligazóns da caixa que tés enriba. Saúdos! --JaviP96 11 de abril de 2013 ás 16:33 (UTC)[responder]

RE: Referencia[editar a fonte]

Aplicando o choio :) Graciñas --Xmps (conversa) 11 de abril de 2013 ás 17:11 (UTC)[responder]

Boas Xmps, o artigo Dunita, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 11:53 (UTC)[responder]

Eleccións municipais en Cabanas[editar a fonte]

Ola Xmps. Vin que modificaches a denominación da quinta candidatura no modelo de Cabanas2019. Poderías achegar algunha referencia para o cambio de denominación? Na web do Ministerio de Interior, aparece como "EN MAREA - MAREA DE CABANAS ? MAREAS LOCAIS". Pódelo consultar aquí. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 17:40 (UTC)[responder]

Boas noites, pois tiven que cambiar a referencia a En Marea, que era a que estaba na anterior versión, porque non é a información correcta que figura na Xunta electoral [1], na Xunta Electoral Provincial de A Coruña presentouse a coalición MAREAS LOCAIS Siglas: MAREAS LOCAIS Ámbito: Provincia da Coruña, coalición formada por Mareas Locais e PDDdG (a quen se adscribe no noso concello a candidatura local Somos Cabanas). Un saúdo Xmps (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 20:07 (UTC)[responder]