Conversa usuario:Uxío Castelo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Uxío Castelo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 15:59, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Uxío, fai falla algo máis ca unha liña para podermos manter o artigos. Faille polo menos a cabeceira de entrada, que se non outros usuarios teñen que ir detrás rematando. Un saúdo e para calquera cousa non dubides en preguntar. --Atobar (conversa comigo) 22:05, 11 de marzo de 2011 (UTC)

  • Ola, Uxío. Si hai un modelo para os actores, o Modelo:Actor. E si hai políticas ao respecto. Por outra banda, para os usuarios que están comezando existe unha guía de edición ben completiña que explica dende a formar de titular até os contidos e subseccións. Bótalle un ollo. E tamén ás normas e políticas, que teñen información engadida. Canto de que non houbese artigo de Paul Newman e si doutros actores menos relevantes, a razón é tan simple como que ninguén até o momento se interesara por incluír contidos sobre Newman pero si sobre os outros. Por iso precisamente é bo que esteas por aquí, porque hai moito que facer, e por definición unha enciclopedia é algo inacabado. Se tes dúbidas, aquí estamos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:48, 13 de marzo de 2011 (UTC)