Conversa usuario:Son~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Son!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Toliño Fala aquí comigo 15:12, 24 febreiro 2009 (UTC)

Ola, Son, que tal? Acabo de borrar o artigo mesa de mesturas que ti creaches hoxe. Dáme un pouco de rabia, porque acabas de comezar e non quero desilusionarte, pero espero que o entendas. Normalmente é mellor empezar por artigos pequenos, pouco a pouco, e unha vez que xa controlas como se editan e crean os artigos, vas pasando a cousas máis grandes. Estes son os principais erros que tiña o artigo:

  • Era un artigo pouco claro, escrito para especialistas ou para técnicos cun nivel de especialización moi grande. Habería que explicalo moito mellor, pero resulta difícil para outra persoa que non sexas ti mesmo.
  • Tiñas moitos problemas de estilo (ligazóns internas, estrutura, etc.), así como bastantes erros ortográficos. Nun artigo tan grande a cantidade de traballo que hai que facer para amañalo é moi grande, e é máis cómodo borralo.
  • O texto é produto dunha tradución bastante literal, pero non indicas de qué texto está traducido. Como é moi posible que ese texto orixinal en castelán teña copyright, debe borrarse a non ser que poidas achegar información máis completa de onde o sacaches.

Se tes calquera dúbida, fala comigo sen medo, ou con calquera outro usuario da wikipedia. Estamos aquí para axudarte. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 23:42, 24 febreiro 2009 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:46 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)