Conversa usuario:Sapito

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Sapito!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 12:26, 21 outubro 2007 (UTC)

Ola Sapito, Benvido. As imaxes que estás a subir carecen dos datos necesarios para que permanezan na Galipedia. Podes consultar en axuda ou preguntar a un administrador como se fai. Bo traballo e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 12:26, 21 outubro 2007 (UTC)



Ola, Sapito, benvido á Galipedia, para que permanezan as imaxes, ao subilas tes que engadir o seguinte cadro no apartado descrición cando vaias a cargar unha foto:

{{Information|
|Description= eiquí pos o Nome da foto
|Source= Feita por min o (8 de agosto) (self made)
|Date= 21/10/2007 (día que a cargas)
|Author= http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Sapito
|Permission= a licenza que lle queres dar (GFDL ou a que queiras)
|other_versions=
}}

tamén podes poñer engadir neste apartado a categoría, por exemplo [[Category:Imaxes de Mondariz]] para que estén ordenadas.

Se xa as tiveras cargadas, o que farías sería pinchar nas fotos, podes atopalas doadamente buscando nas túas contribucións (seleccionando a opción Imaxes) e editándoas, copias e pegas o cadro e engades os datos de cada unha. Espero que esto te sirva de axuda e se che podo axudar en algo máis xa sabes onde estou. Un saúdo e parabéns, as fotos son preciosas. Alma (fálame eiquí) 14:04, 21 outubro 2007 (UTC)

  • Olá. As fotos son moi boas. Tes axuda sobre as imaxes na páxina de Axuda, abaixo á esquerda ("Información, recursos e consellos"). En concreto, a guía de carga é bastante completa. Un saúdo. Por certo, aproveito para comentarche que o artigo Historia de Galicia é bastante deficiente agora mesmo e, se a túa especialidade é Medieval, o artigo sobre a Idade Media en Galicia está aínda por crear.... --Xosé (✉) 15:13, 21 outubro 2007 (UTC)
    • Perfecto. Estiven mirando a información que estás colocando e é exactamente así como hai que facer (non sei se che serviu a axuda que che indiquei ou se xa o averiguache ti pola túa conta). Un saúdo. --Xosé (✉) 15:38, 21 outubro 2007 (UTC)

categorías das imaxes[editar a fonte]

Ola, estás a facelo todo ben menos as categorías, non existen as que estás a poñer, tes que buscar os concellos, existen por exemplo, category:Imaxes de Pontevedra ou Imaxes de Sanxenxo, pero non Imaxes do castelo do que sexa, vouche correxir unha para que o vexas, un saúdo. Alma (fálame eiquí) 15:57, 21 outubro 2007 (UTC)

    • Nas imaxes de momento non te recomendaría crear as categorías das parroquias, o que sí podes é na Galería de imaxes de Mondariz por exemplo, podes ti subdividila en parroquias, para elo, fas os títulos con dous ==e o título da parroquia==, podes ver como exemplo, a Galería de imaxes de Cenlle que a fixéramos seguindo ese esquema. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 16:19, 21 outubro 2007 (UTC)

Imaxes de Vilasobroso[editar a fonte]

Ola Sapito. Grazas polo labor que fixeches en Vilasobroso, Mondariz. Recoloquei as imaxes e incorporeinas á galería de imaxes de Mondariz.

Ademais ás túas imaxes faltáballes a licenza pois esta non estaba presentada adecuadamente. Xa corrixín eu o problema en todas elas. Debaixo da caixa de datos engadín {{PD-propia}}.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:49, 27 decembro 2007 (UTC)

Edicións vandálicas[editar a fonte]

Ola User:Sapito! Como ben sabes, a wikipedia é unha enciclopedia colaborativa. Hai xente que sabe de historia, outra que sabe de deportes, outra que sabe de arte (si, porque non?). Aínda así, os datos a incluír nos artigos teñen que ser verificables, e a poder ser baseados en libros e publicacións acreditados. Pode ser que sexas un experto en arte, mais de momento non o amosaches, de momento só vandalizaches. Non pretenderías que esta edición fora permanecer no artigo. O artigo ten vía libre para ser editado. Para facer as mudanzas oportunas pregaríache que empregases referencias que as xustifiquen, de momento pór "[celeiro = forreo así que nen celeiro nen ostias]" é considerado vandalismo e como tal é revertido. Ademais as túas fotos foron permanecen ó dominio público, así que non hai dereito a que as quites dos artigos, e polo tanto, esas edicións tamén serán revertidas. Agardo que deixes de vandalizar e amoses que entendes de arte (ou do que sexa) engadindo información, correxíndoa, sempre de xeito verificable e citando as fontes. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 15:23, 3 abril 2008 (UTC)


Ola, Sapito. Entendo ben o que dis, pero non estás facendo as cousas ben. Creo que era moito máis produtivo que intentases amañar os erros que detectaches na wikipedia. Apóiate en min ou noutro administrador calquera se necesitas axuda. Un saúdo. --Xabier Cid 15:46, 3 abril 2008 (UTC)

Creo que sei bastante ben a qué te refires, sen ter nin idea de historia. Tiven bastantes problemas cos artigos sobre Vilasobroso e sobre o castelo, como administrador. Gustaríame pedirche axuda para solucionar eses erros. Desde logo, se sabemos que determinadas afirmacións son falsas, é pouco solidario deixar que continúen na Galipedia. Moita xente usa a Galipedia como fonte de referencia, e de mantérense nos artigos estamos perpetuando os datos falsos, as incorreccións, e o que é peor, a manipulación interesada. Eu non che dicía que te apoiases en min para facer forza (un usuario ten forza abonda para iso, e eu non sei nada de historia) senón sobre como é o mellor sistema de facer os cambios, como se pode intentar que os artigos sexan máis exactos.
Se queres facemos a proba con un, imos vendo cales son os problemas e como podemos amañalo. Paréceche? --Xabier Cid 16:18, 3 abril 2008 (UTC)

Castelo de Santo Antón[editar a fonte]

Fai ti directamente as modificacións que sexan necesarias nese artigo. ;) --Xabier Cid 16:20, 3 abril 2008 (UTC)

Igrexa de Santa Mariña de Gromariz[editar a fonte]

O usuario ao que lle escribiches na páxina de discusión foi bloqueado por un tempo, así que non che vai responder. En todo caso, quero facerche un par de suxestións

  • Non debemos buscar a polémica: se hai algo que está mal, debemos corrixilo, pero non transformalo nunha desputa cun editor anterior. Todos cometemos erros, :)
  • Por iso é mellor que non escribas na páxina de conversa do usuario, senón na conversa do artigo. Desa maneira, as persoas que editan o artigo no futuro poderán comprender as razóns dalgúns trocos, e ademais non personalizarás o erro.
  • Se está mal, corrixe. Con liberdade. Ás veces borrar datos pode resultar algo conflitivo, e unha solución pode ser incluír o marcador [Cómpre referencia] como vou facer agora eu seguindo os erros que ti sinalaches.

Parabéns polo teu traballo de exame e revisión. --Xabier Cid 00:41, 5 abril 2008 (UTC)

Re a Sapito[editar a fonte]

Respostei a todo o que poiden na páxina de conversa do artigo Igrexa de Santa Mariña de Gomariz. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 08:22, 17 abril 2008 (UTC)