Conversa usuario:Risonsinho
Benvido(a) á Galipedia, Risonsinho!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:03, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
Can de palleiro
[editar a fonte]Ola, Risonsinho. Vin as edicións que fixeches en Can de palleiro e desfixen algunhas delas, o mesmo que fixo onte o Usuario:Atobar. Debes ter en conta que non se pode retirar un marcador de atención sen solucionar primeiro o problema sobre o que está alertando. Por outra banda cómpre referenciar sempre as achegas que se fagan a calquera artigo. Arriba tes unha serie de ligazóns que che axudarán a comprender como funciona a Wikipedia. Para calquera dúbida contacta comigo na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:06, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
- Ola, Risonsinho. Non estamos aquí para perder o tempo. O marcador non se pode retirar. E as imaxes que había eran perfectamente válidas. Vou desfacer as túas edicións. Espero que agora entres en razón, de non ser así pedirei o teu bloqueo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:04, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
Para esas cousas é mellor que te dirixas a Wikipedia:Taboleiro dos administradores, concretamente a sección de Bloqueos e proteccións. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:15, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
Conflito
[editar a fonte]Cópioche o exposto no taboleiro de administradores.
- Risonsinho, engánaste. Existe un formato a seguir, unhas normas e unhas políticas de edición. Xoacas revertiu as túas edicións, e tal fixen eu antes ca el, porque simplemente te limitas a retirar un marcador sen ter solucionado o problema e a cambiar unha foto. Nun usuario experimentado o teu comportamente sería inaceptábel, pero entendo que ao seres novo aínda non leches a guía de edición, cousa que Xoacas tamén che dicía antes dese comentario que citas sacado de contexto e que con todo non deixa ser do máis normal. Ben, tes dúas opción ou tres opcións: 1)teimar e tratar de seguir coa teima, e serás bloquedado 2)cabrearte porque o mundo está contra ti, e marchar polo teu pé 3) Tratar de aprender a traballar co mesmo formato, baremos e parámetros ca o resto, e nese caso pregunta calquera dúbida que teñas, que eu e todos estaremos encantados de che botar unha man. A discusión non dá moito máis de si. Xa sabes, de ti depende. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:56, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
Sobre a autoría de Can de palleiro: tes aquí o historial do artigo. Nel poderás comprobar as achegas de cadaquén. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:39, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
- Íache pasar eu esa mesma ligazón que achega Xoacas. No historial podes revisar que fixo cadaquén, e comprobarás que Xoacas por non editar é que nin editou unha soa vez ese artigo antes de que o fixeras ti. O problema vén de vello, tanto dos contidos como da fotografía. Deixémoslle ao usuario:Lameiro que o peneire, que do refraneiro, cultura popular e animais sabe unha chea. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:45, 17 de febreiro de 2011 (UTC)