Conversa usuario:Rabalexo
Benvido á Galipedia, Rabalexo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 11:21, 5 maio 2009 (UTC)
Ola Rabalexo, benvido e boa estadía. Tamén dicirche que deberías engadir unha caixa de información como a que che facilito dentro da páxina editar da túa imaxe Ficheiro:Riotamegarabal.jpg , cambiando os datos, para que non sexa borrada a imaxe.--PepedoCouto (dimo aquí) 11:14, 5 maio 2009 (UTC)
- Rabalexo, cómpre que engadas a caixa de info esta:
Descrición |
Pon a descrición |
---|---|
Orixe |
Especifica a orixe |
Data |
Pon a data |
Autor |
Pon o autor |
Licenza (Reuso deste ficheiro) |
A licenza |
Outras versións | Outras versións |
Se non, as imaxes non poden permanecer. E cómpre que os datos sexan certos, obviamente. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 12:54, 5 maio 2009 (UTC)
- Todo o que estás facendo, tenme toda a pinta de que vai ser en van, a non ser que poñas a caixiña e deas demostrado que son túas as fotos. Na última que subiches mesmo pón rabalexo.es nun recuncho da foto, co cal todo indica que non é fonte limpa o asunto. Un saúdo e ponte axiña coas caixas, Rabalexo.--Atobar (conversa comigo) 13:46, 5 maio 2009 (UTC)
- Boas outra vez, Rabalexo. Vexo que segues a subir imaxes e que polo menos agora teñen a caixa. Pero, son túas? Por unha cuestión de dereitos e da lexislación española non podes subir imaxes de páxinas web ao chou. Nesta web atopei moitas das fotos que estás a subir, polo que vou pór o caso en mans dun administrador. Se son túas non haberá problema, se non é así está máis complicado. En calquera caso, graciñas por colaborares e bo traballo. E non te preocupes, ninguén nace aprendido e é normal que non saibas do tema de dereitos de imaxe. Tampouco eu sei gran cousa. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 14:11, 5 maio 2009 (UTC)
- Se a páxina web é túa e as imaxes tamén podes poñer na propia páxina web que as imaxes están no dominio público, así non habería dúbidas.--RNC 14:15, 5 maio 2009 (UTC)
- Rabalexo, eu non che podo dicir moito máis. Simplemente, ás veces estou ao quite, porque hai moita xente que pasa olimpicamente das convencións lexislativas e iso dana a imaxe da Galipedia. RNC ou Albert Galiza poden axudarche moito máis ca min neste ámbito. Diríxete a eles. Eu son máis de lingüística. Aburiño.--Atobar (conversa comigo) 14:20, 5 maio 2009 (UTC)
Copyright
[editar a fonte]Ola Rabalexo! As imaxes que cargaches posúen copyright. Se a páxina web é túa, tes que engadirlle unha licenza compatible coa Wikipedia (podes velas aquí: Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe). A ausencia de licenza (como semella se-lo caso da web) fai que se dea por suposto que posúe copyright, e polo tanto tódalas imaxes sacadas de aí non poden ser engadidas á galipedia. Polo tanto hai dúas opcións: ou a inclusión dunha licenza compatible na túa páxina web (no caso de sela) ou o borrado das imaxes. Para calquera dúbida pregunta sen problemas, xa que o tema das imaxes é o máis enleoso que ten a wikipedia. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:27, 5 maio 2009 (UTC)
- Creo que non fai falta ir foto por foto. Coido que é sufuciente con que na portada da páxina nalgún recuncho apareza a licenza indicando que tódolos contidos da páxina están baixa a dita licenza. Aquí podes obter máis información: [1]. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:41, 5 maio 2009 (UTC)
- Non che sei se vale xa así. Eu, por se acaso, poríano do seguinte xeito:
<a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/publicdomain/"><img alt="Creative Commons License" style="border-width:0" src="http://i.creativecommons.org/l/publicdomain/88x31.png" /></a><br />Os contidos desta páxina web están baixo <a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/publicdomain/">Dominio Público</a>.
Así aparecerá unha pequena etiqueta indicándoo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:08, 5 maio 2009 (UTC)
- Boas de novo. Fáltalle a caixa a unha das imaxes Ficheiro:Rabal.JPG. Ademais en cada unha das imaxes que cargaches, no apartado Source/Fonte, habería que pór o link da páxina da túa web de onde sacaches esa imaxe en particular. Máis nada, un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:50, 5 maio 2009 (UTC)
- Non, as páxinas de concellos ou institucionais non teñen por que estar no dominio público. De feito a inmensa maioría teñen copyright. Saúdos. Alberte Si, dígame? 16:57, 5 maio 2009 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]Ola Rabalexo, tés un problema na descrición das imaxes, xa que en todas pos Queimada na festa de Rabal, cando esa só corresponde a unha das imaxes. Procura facer unha descrición correcta de cada unha delas. Non te preocupes por non sabelo facer ben á primeira. Outra cousa, cando fagas unha edición na páxina dun usuario asínaa, senón non sabe quen lle envía a mensaxe.
O xeito de facelo é así: unha vez que teñas escrito a mensaxe, picas no cuarto cadriño, empezando pola dereita, dos trece que che aparecen enriba da páxina de conversa e dáslle a gardar páxina e listo! Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 18:08, 5 maio 2009 (UTC)
Concello de Oimbra
[editar a fonte]Ben, polo que vexo a páxina do concello gárdase os dereitos [2], polo que non se poden coller nin imaxes nin textos de alí. Para facelo deberían posuír unha licenza compatible coa wikipedia, que permita obras derivadas e uso comercial. Polo tanto, non se pode sacar nada de aí, pero se es do pobo sempre podes sacar ti mesmo as fotos e cargalas na wikipedia, é o método máis doado :) Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:21, 6 maio 2009 (UTC)
Historia de Oímbra
[editar a fonte]Ola. Estoume dedicando a mantemento da wikipedia intentado quitar marcadores como os de illado e ortografía e caín no artigo sobre Oímbra. Ao ler a parte de historia vin algunhas cousas que me chamaron moito a atención (como o de Idacio, o de Coeliobriga, ...); despois vin a páxina de conversa na que indicabas varios erros clamorosos nesta sección. Só quería animarte a que refagas esa parte, xa que es historiador, e deste xeito fagas mellorar este proxecto. Un saúdo Servando2 (Dime) 4 de abril de 2020 ás 10:39 (UTC)