Saltar ao contido

Conversa usuario:R.albergaria

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, R.albergaria!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13:51, 6 de novembro de 2010 (UTC)

Futebol Clube do Porto[editar a fonte]

Ola. Vin as últimas edicións que fixeches en Futebol Clube do Porto. Sobre o uso das diferentes tipografías recoméndoche que leas Wikipedia:Guía (formato). Agora vou reverter a túa última edición, entenderás o motivo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:13, 10 de novembro de 2010 (UTC)

Informei da túa actitude en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións#Futebol Clube do Porto. Infórmoche por se queres dar o teu punto de vista. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:39, 10 de novembro de 2010 (UTC)
  • Se teimas na túa actitude serás bloqueado. Por favor, le a guía de edición que pacientemente che adxuntan. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:33, 10 de novembro de 2010 (UTC)
Tes dúas semanas de bloqueo. Se volves, que sexa para colaborar e non para crear problemas. --Atobar (conversa comigo) 13:23, 11 de novembro de 2010 (UTC)