Conversa usuario:Quorthom

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á galipedia, Quorthom. Xa vexo que estás facendo un bó traballo sobre fútbol. agremon

Moitas gracias, hai pouco que descubrín a Wikipedia e paréceme unha idea xenial. A ver se entre todos imos cheando o sitio de información.

  • Ola Quorthom. Estou encantado de poder contar contigo neste proxecto. Pero teño un rogo que che facer. Non fixeches nada incorrecto, quede claro; pero procura non infestar -polo de agora non o fixeches- a Galipedia con artigos sen traducir. Se teño tempo (estou moi atarefado con cuestións de mantemento aquí e en Commons) eu traducirei Comunismo libertario ou Historia da Unión Soviética. Se necesitas algo de min, non dubides en contactar comigo. Sempre estou encantado de colaborar con usuarios coma ti. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:41, 14 xullo 2006 (UTC)

Acabo de lelo artigo. Non tivera tempo para traducilo. Está moi ben. Non me estraña que o escolleses para incorporalo. Tomeime a licenza de crear tres redirecciones a esa páxina. Creo que son adecuadas, pero non é a miña especialidade e non estou seguro, por iso cho comento. Se buscas anarcocomunismo, comunismo anarquista ou comunismo libre accedes ó artigo Comunismo libertario. Se algún día se quere crear un artigo diferente sobre eses termos, non haberá problema, só hai que escribilo borrando a redirección.

Quedeinovamente encantado de encontrarme contigo. Conta comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:47, 1 agosto 2006 (UTC)

Nada, grazas a ti, por axudar a traducilo[editar a fonte]

Nada, grazas a ti, por axudar a traducilo

futbolistas[editar a fonte]

Agradeceríache que colocases as caixas de información sobre futbolistas nos artigos que vaias realizando. Podes ver unha aquí. UN saúdo.--Norrin_strange (Talk) 11:02, 31 agosto 2006 (UTC)

Ola Quorthom!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)

Programa tradutor[editar a fonte]

Vexo que traduces artigos do teu interese. ¿Coñeces o programa tradutor castelán-galego Alén? Comete erros (en vez de París pon parides, do verbo parir). Despois hai que revisar o texto, pero é moito menos traballo. Podes descargalo aquí. Permite incorporar palabras ó dicionario principal e ó dicionario de verbos. Cando pechas o tradutor, pregunta se queres gardar cambios neses dous dicionarios. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:03, 22 setembro 2006 (UTC)

-Moi ben, moitas grazas por avisar, voulle botar unha ollada

Ola Quorthom, grazas por subir e compartir con nós esta imaxe. Hai un problema con ela.
Á esta imaxe que subiches fáltalle un texto que indique a súa orixe. Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou copyright e a orixe ou source.

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Quorthom. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Quorthom. O pasado 9 de agosto cumpríronse tres anos desde que estás colaborando neste wiki, de feito eres un dos usuarios máis antigos da Galipedia. Quere aproveitar o aniversario para agradecerche a túa colaboración. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:38, 13 agosto 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:29, 3 outubro 2007 (UTC)

Stoichkov[editar a fonte]

Hi, I'm writing about Stoichkov at polish wikipedia: [1] . Could you tell me what is the source of statistics in table in your article? Please answer here or at my polish page: [2] . Thx in advance :) 87.205.228.235 21:47, 15 marzo 2008 (UTC)

Grazas por subir esta foto, pero non é posible mantela na Galipedia pois tódalas fotos que se suban á Wikipedia galega teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. A imaxe foi localizada en http://en.wikipedia.org/wiki/Image:Stanley_Matthews.jpg.

Algunhas lexislacións permiten o uso lexítimo ou "fair use", entre elas a inglesa; mais a lexislación española non o admite polo que a imaxe foi borrada.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo - --Lmbuga Commons - Galipedia 19:48, 25 marzo 2008 (UTC)

Imaxe sen licenza[editar a fonte]

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Garrincha.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios) Lmbuga Commons - Galipedia 20:02, 25 marzo 2008 (UTC)

Propuxen en Conversa:Rivelino desfacer os cambios que realizaches nese artigo por non ter sido traducido--Saúdos e grazas. Xan de ningures 02:55, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Fútbol na Galipedia[editar a fonte]

Boas, Quorthom. Non te animas a volver pola Galipedia? Agora hai un par de usuarios que lle dan duro ao fútbol. Se te dá por aí, ben sabes que por aquí cantas máis mans mellor. Un saúdo de galipedista a galipedista. --Atobar (conversa comigo) 22:08, 8 setembro 2009 (UTC)