Conversa usuario:Profeticraquel

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Profeticraquel!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. --HombreDHojalata conversa 20:55, 27 xaneiro 2010 (UTC).


Ola, profesora. De novo, benvidos ó proxecto.

Se vostede, ou os seus alumnos, precisan de poñer nun artigo un marcador de que están a traballar nel, engadan o código {{en uso}} ó principio do mesmo.

Po outra banda, non esquezades asinar cando escribades algunha cousa nunha páxina de conversa (ollo, so nas páxinas de conversa, non nas dos artigos). Para elo tendes máis información aquí.

Se tendes algunha dúbida non deixedes de preguntarme calquera cousa, a min, ou na Taberna.

Que teñades un bo traballo. --HombreDHojalata conversa 18:53, 3 marzo 2010 (UTC).


Boa noite, profeticraquel. Sen problema ningún. O único que non entendín é que foi o que creaches. Refíreste a IES Francisco Aguiar? Se é así, fagamos unha cousa: crea unha subpáxina do teu usuario, algo así como Profeticraquel/IES Francisco Aguiar, e que traballen sobre iso. E cando estea listo e relisto xa o movemos todo a un artigo de seu. Outra cousa: para falar con outros usuarios, cómpre que escribades na páxina de conversa destes, por exemplo, a miña é Conversa usuario:Atobar; caso contrario, non me vou enterar. De feito, lincho o que escriches de milagre, revisando os cambios recentes. E que non che esqueza asinar. Faise co cuarto botón comezando de dereita a esquerda, por riba do cadro da escrita, o que ten a traza dun garabato. Máis nada. Aquí nos tes para o que for. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:04, 3 marzo 2010 (UTC)

Ola Profeticraquel. Na ligazón anterior poderás ver que propuxen para borrar por non seguir as políticas da Galipedia unha imaxe que subiches. Sen dúbida, podería ser incorporada unha imaxe dese cadro só sabendo aproximadamente a data en que foi pintado (teñen que ter pasado 70 anos da morte do pintor) e se non houbese traza ningunha do marco, é dicir, se a imaxe tivese só dúas dimensións. Non dubides en pedirme aclaracións, pero as aclaracións poden ser longas e tediosas. Grazas. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:35, 13 marzo 2010 (UTC)