Conversa usuario:Pontevedra78/Conversa 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta conversa xa está pechada, para conversar a partires de agora, debes facelo en Conversa usuario:Pontevedra78


Benvido á Galipedia, Pontevedra78!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 11:22, 16 xullo 2008 (UTC).

Ola! Antes de nada benvido á Galipedia. Respecto á túa pregunta, lembra que tes que editar nas seccións da Taberna, e non na páxina que as hospeda, tal e como di o aviso de "Atención: todas as mensaxes amósanse aquí, pero deben ser publicadas na sección correspondente". Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 18:25, 26 setembro 2008 (UTC)

Ola de novo Pontevedra 78, vou a proceder ó borrado do modelo que creaches, porque que non é necesario, xa que existe unha imaxe que realiza esa función. Para engadila só tes que pór: [[Imaxe:Para asinar.png]], como se dunha imaxe norma se tratara. Por outra banda desfixen os teus traslados na taberna, debíase deixar como estaba, ademais de que porque era unha proposta, porque débese respectar a opción que escolleu o que fixo tal proposta. Agardo que o comprendas. Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 21:24, 26 setembro 2008 (UTC)


En progreso[editar a fonte]

Ola de novo. Os marcadores enprogreso que engadiches eran improcedentes, xa que os artigos non eran curtos (todos tiñan máis de 2.500 caracteres), contiñan seccións e estaban estruturados. Evidentemente non procedía, se puxeramos ese modelo a ese tipo de artigos o 95 % da Galipedia debería levalo e non tería utilidade ningunha. --Alberte (Si, dígame?) 11:05, 28 setembro 2008 (UTC)


Pontevedra[editar a fonte]

Ola, esquecéraseme responder ó do escudo. De momento non se pode mudar, xa que o modelo dos concellos incorpora por defecto os escudos que teñen un determinado nome. Cando se mude o modelo poderase escoller o escudo. Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 18:46, 28 setembro 2008 (UTC)

Portada e edición en debates pechados[editar a fonte]

Ola de novo. Persoalmente prefiro a que está agora, fíxose por bastantes usuarios e é froito da posta en común de moitas opinións. A que ti propós o único que fai é mudar algunhas cousas de sitio e pór a data e hora dun xeito moi principal e con letra comic sans. Pero se ti queres propola es libre de facelo: a taberna (propostas) sería o lugar axeitado. Outra cousa que che quería dicir é que non se pode votar en debates xa pechados, que poñen claramente no seu inicio: "Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo." Sen máis, un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 20:36, 28 setembro 2008 (UTC)

Colaborar con Wikipedia[editar a fonte]

Ola Pontevedra78. Desfixen o traslado que fixeches da páxina do Wikiproxecto "A Galipedia na aula" porque non existe ningún espazo de nomes chamado Wikiproxecto. Todos os novos colaboradores son benvidos á Wikipedia pero antes de facer certas edicións é conveniente ter certo coñecemento sobre o funcionamento da Wikipedia. Desde Wikipedia:Axuda podes acceder a moitas das páxinas que explican como colaborar. Como xa tes certa experiencia de edición na Wikipedia en castelán, quixera lembrarche que moitos dos consellos que che deron os compañeiros daquel proxecto poden axudarche para evitar aquí os problemas que se produciron naquel wiki. Se tes dubidas podes preguntar na taberna, o habitual é que pouco a pouco os colaboradores vaian respostando as cuestións alí publicadas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:56, 30 setembro 2008 (UTC)

Traducións automáticas[editar a fonte]

Ola Pontevedra78! A realización de artigos mediante tradutor automático, e sen revisar, non está en xeral demasiado ben visto, xa que deste xeito pódense facer ducias de artigos en pouco tempo, e colgalos nunha enciclopedia que pretende ser rigorosa sen revisar ortograficamente e, en moitas ocasións, traducindo un contido moi discutible en canto a calidade. A min non me parece ben crear artigos con dous clics e sen nin sequera mirar para o texto que gardas, deixando o traballo para alguén outro, que penso que gastaría mellor tempo creando el mesmo o contido ó seu gusto. Algunhas traducións automáticas estamos a propolas para borrar (vid. Wikipedia:Votacións para borrar/Historia de Córsega e Wikipedia:Votacións para borrar/Estado Libre do Congo) e contan co apoio ó seu borrado. Eu comprométome a que se atopo este tipo de artigos (un xa vai tendo ollo para atopalos) proporeinos para o seu borrado. E cando o costume se faga lei, seguramente serán borrados pola vía rápida. Por iso pediríache que non empregaras tan decisivamente o tradutor automático (que pode axudar se se usa ben), e crearas contidos revisados e co mínimo de calidade que deberían posuír para entrar nunha enciclopedia. Agardo non parecerche duro, non pretendo selo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 15:08, 22 outubro 2008 (UTC)

Re: Parlamento de Andalucía[editar a fonte]

Ola Pontevedra78. Concordo co exposto por Alberte, as traducións automáticas, polo xeral, só dan problemas. A miúdo non só pola propia tradución senón porque o artigo en orixe é defectuoso (na redacción, na exactitude dos datos, na estrutura,...). A maioría das veces é máis sinxelo reescribir un artigo que corrixir a tradución, por outra banda boa parte dos colaboradores habituais deste wiki temos unha chea de tarefas pendentes, nese sentido pasarnos a resolución dos problemas que presentan as traducións non é unha proposta moi amigable, convértese nunha sobrecarga de traballo e vemolo como un traspaso da responsabilidade dunha tarefa que tiña que facer o usuario que publica a entrada en cuestión. Ademais hai que ter en conta que o que aquí se publica pode inducir a confusión nos lectores e hai que evitar todo aquilo que conduza a transmitir erros, falsidades, trivialidades ou contidos dubidosos. Quero dicir con iso que é moi importante dedicarlle certo tempo a revisar e verificar os artigos antes de dalos como válidos. Por iso pidoche que lle adiques un pouco máis de tempo a aqueles artigos que publiques antes de abandoalos. Para finalizar, enagadir que cando atope un oco botareille unha ollada rápida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:48, 24 outubro 2008 (UTC)

Ola Pontevedra78.
Falei na conversa do artigo porque contaba amañar algún detalle de wikificación (interwiki etc), cando se resolvera o que dín Alberte e Lameiro. Vexo que empezaches a mover o artigo sen resolver o problema da conformidade do titulo coa cabeceira e tampouco co que dixo Lameiro. Eres seguramente novato e non daste conta que certas cousas mesturan maís o problema sen arranxar : o artigo sigue con erros de ortografía, de anatomía e de incoherencia entre titulo é contido. E nesto eu nas miñas competencias non vexo moito cal interwiki lle conven. A ver si arranxas algo xa que te botaches. Saúdos ElviraConversa comigo 20:56, 24 outubro 2008 (UTC)

Aparello dixestivo[editar a fonte]

Si que hai erros ortográficos, Pontevedra. Por exemplo: "e un conxunto", "mesturase", "mezcla", "desto", "mesturase", "absorbense", "os vasos", "de esto", "o ano". Ademais hai contrucións pouco correctas e problemas de redacción, pero insisto, preocúpanme máis os erros anatómicos que xa expusen na páxina de conversa. Outra puntualización é que eu non dixen nada de traducións automáticas. Canto ó artigo Sistema respiratorio, tamén deberás revisalo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:01, 24 outubro 2008 (UTC)

Hi!!!! --Victormoz 00:18, 25 outubro 2008 (UTC)

Premios e Galipedia[editar a fonte]

Agradezo e recoñezo o teu esforzo por mellorar a Galipedia. Considero ademais que usuarios coma ti, creativos e coñecedores do sistema, fan moita falta. Así a todo, a concesión deste premio ponme nunha moi incómoda situación. Neste comentario na Taberna intento expresar os motivos polos que rexeito o premio que me concedes. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  10:32, 30 outubro 2008 (UTC)


xogar ganando premios ...[editar a fonte]

Ola Pontevedra78! Eu ríome moito cos teus xogos, e seguro que ti tamén. Sabes ben, e de sobras que os proxetos wikis non son xogos. Temo que acabes na Galipedia, e si se da o caso noutras wikis, como acabaches na wiki en castelán. Esique se queres realmente colaborar nun proxeto distes debes mudar o teu modo de actuar. Agás andes probando novos xogos ? Sen nada maís a engadir ElviraConversa comigo 15:25, 30 outubro 2008 (UTC)

Aviso de bloqueo[editar a fonte]

Ola, Pontevedra78. Xa estás enterado do debate que provocaron algunhas das túas actuacións máis recentes. Gustaríame pedirche que:

  1. Non empregues a túa sinatura para provocar, facer comentarios sobre demais usuarios ou para expresar as túas opinións políticas, ideolóxicas ou de calquera tipo.
  2. Non crees subpáxinas de usuario sen ningunha función real máis cá de provocar, de facer chiste ou recompilar sen criterio contidos que xa existen na propia wikipedia. A wikipedia non é un blog, e tampouco un fotolog. Pediríache polo tanto que pechases tamén a túa "sala de exposicións".
  3. Non fagas edicións de baixa calidade intencionadamente; que non crees páxinas a feito, e que te concentres en mellorar as que creaches, particularmente se usas tradutores automáticos.

De continuares con esta conduta disruptiva, provocando, usando a Galipedia para atacar a usuarios de es.wp ou doutros proxectos, etc. serás bloqueado sen máis aviso. Se necesitas axuda ou consello, podes obtelo de calquera dos usuarios da wikipedia. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 18:31, 31 outubro 2008 (UTC)

Ola, Pontevedra78. Deberías poñer unha sinatura onde se che recoñecese. E a frase que tes, pode ser malinterpretada. Por favor, fai un esforciño e escolle unha ao xeito. Creo que Pontevedra78 é moi boa. --Xabier Cid Conversa 23:48, 31 outubro 2008 (UTC)


xogando sempre se gana algo ...[editar a fonte]

... aunque só sexa de medrar un pouco.
Boas Pontevedra78, non che desculpo de nada ainda cos teus xogos poñenme a risa. Por ben que me resulte gracioso que un neno xogue cunha cousa prohibida, non me impide castigalo tranquilamente para que de non aprender, polo menos que non dane. E tes que saber que se eu fose administradora xa tiveses pequenos bloqueos este verán, e arastora xa estarias bloqueado mais dun ano (non che dou os detalles dos feitos porque estou segura que xa os leiches noutras páxinas da Galipedia. Vou a sacar a túa mensaxe da miña páxinade conversa porque molesta a vista fisicamente, e non por ser un xogo mais teu. Lembra que estas na Galipedia : "... un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas", e de non poder colaborar, xa que penso que por fin vanche bloquear, lembra que podras volver para consultala. Lembra tamén que non che desculpo de nada, porque vexo que non paras de xogar.ElviraConversa comigo 18:44, 31 outubro 2008 (UTC)


Perdon pola miña torpeza!!! E que estou a facer un traballo para o meu colexio e teño que dar informacion sobre o carbonifero. O certo é que son novo nisto da galipedia e o que fixen foi escribir no primer lugar que atopei e pensaba que estaba facendoo ben.Como fago enton?podes explicarmo paso por paso?

Traducións[editar a fonte]

Ola, Pontevedra78. Acabas de crear un artigo sobre Pedro I de Brasil, a partir do texto da es.wp. As traducións automáticas son unha boa axuda, pero presentan numerosos problemas: traducen topónimos, crean categorías que non funcionan en gl.wp, seguen outros criterios para facer as ligazóns... Iso non quere dicir que estean prohibidas, senón que hai que usalas con medida e dedicando moito tempo á corrección posterior desas traducións. De feito, en moitas ocasións os artigos creados con tradución automática bórranse directamente, porque dá máis choio amañalos ca reescribilos de novo.

Ademais, debes saber que as traducións doutros proxectos wikipedia deben manter a licenza de onde os colleches, isto é, pódense incorporar sen problema, pero necesitas consignar onde os colleches. Iso debe facerse no resumo da edición ao crealos. Neste caso, eu engadín a información, como mal menor, na páxina de conversa.

Se tes calquera dúbida, xa sabes onde estou, ;) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 10:59, 24 febreiro 2009 (UTC)

Pois se non era automática, tanto mellor. Pero hai que poñer máis ollo entón, ;) --Xabier Cid Conversa 11:14, 24 febreiro 2009 (UTC)

|}


hola!!!o que fixen agora esta ben?se é tan amable poderias correxirmo?e outra pregunta, como podo facer para escribir outro artigo?debo seguir o mesmo procedemento?

Sany1789[editar a fonte]

o de escribir un artigo son eu.perdon por non identificarme

Tempo de mítins[editar a fonte]

Ola. Sei que é tempo de mítins por estes lares, mais non na Galipedia. Non debiches ir a pedi-lo voto para unha proposta túa interpelando directamente a un usuario, e ademais sendo este usuario bastante novato. Iso non se debe facer. Saúdos. Alberte Si, dígame? 13:40, 25 febreiro 2009 (UTC)