Conversa usuario:PatriGU

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, PatriGU!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 09:49, 3 de outubro de 2011 (UTC)

Baía edicións[editar a fonte]

Ola, PatriGU. Cal é a túa relación con Baía edicións? Un saúdo --Atobar (conversa comigo) 09:49, 3 de outubro de 2011 (UTC)

Bos días Atobar. Traballo na editorial e pretendo incorporar máis datos sobre ela porque hai xente que nos comentou que a información que había na galipedia sobre nós era escasa e que estaría ben que a actualizáramos. Grazas e saúdos --conversa comigo--PatriGU 10:31, 3 de outubro de 2011 (UTC)

A páxina protexeuna o usuario HombreDHojalta porque non é a primeira vez que se edite saltando algunha das normas. Na wikipedia hai unha regra escrita que coñecemos como conflito de intereses pola cal non se permite á parte involucrada editar nun artigo de seu. Así, por exemplo, nin Obama nin a súa administración poderían editar nos seus propios artigos nin Manolo Bragado corrixir o seu ou o de Xerais. Non obstante, cando un coñece e pode referenciar unha información relevante sobre un artigo no que é parte interesada, sempre lle queda aberta a posibilidade de expor eses datos na páxina de conversa do artigo para que outro editor imparcial os entre no corpo do texto. Así, en Baía edicións non podes editar ti, Patricia, ao ser unha traballadora da empresa. A información que achegas, se é de relevancia, xa nalgún momento alguén a metera, non te preocupes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:32, 3 de outubro de 2011 (UTC)

Así mesmo, retirei parte do artigo que era un copia-pega da páxina da empresa [1] © 2008 Baía Edicións. Todos os dereitos reservados.

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 20:24, 3 de outubro de 2011 (UTC)