Conversa usuario:Oviguan
Benvido(a) á Galipedia, Oviguan!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 21:24, 30 marzo 2010 (UTC)
Boas, Oviguan. Benvido. Unha cousa: deixáches o artigo a medias e pásaches para outra sen máis. A ver se atopas un momento para terminar de adaptalo. Non é necesario enchelo de info, pero si deixalo aquelado e co formato propio da Galipedia. Outramente, fas que outros editores se vexan obrigados a irche ao rabo. Un saúdo e para calquera dúbida, só tes que preguntar. --Atobar (conversa comigo) 10:31, 7 abril 2010 (UTC)
Violacións de licenza[editar a fonte]
Ola Oviguan. Por favor, ten en conta que a licenza GFDL baixo a que están os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia. Tes información de como facelo en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias.
Saudos. --. HombreDHojalata.conversa 08:32, 8 abril 2010 (UTC)
- Oviguan, por favor, non retires as marcadores de mantemento sen darlle unha solución ó problema. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 22:50, 9 de novembro de 2011 (UTC)