Conversa usuario:Ogalegonarede
Benvido á Galipedia, Ogalegonarede!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 22:26, 7 de xullo de 2010 (UTC)
OGNR[editar a fonte]
Que relación tes con OGNR? Os usuarios non poden crear nin modificar os contidos dun artigo sobre o cal sexan parte activa. As razóns son múltiples e telas expresadas nas políticas. --Atobar (conversa comigo) 18:28, 8 de xullo de 2010 (UTC)
- Ninguén nace aprendido, descoida. Iso si, tíveno que borrar. Se algún día alguén cre que ten entidade suficiente para estar nunha enciclopedia, estará, pero entrementres ti non o podes crear como parte interesada que es. Se o propio Obama quixera facer o seu artigo, non podería. Esa é tarefa de a facermos quen non temos vínculos nin con el nin coa súa administración. E ten por seguro que se un artigo é necesario, a longo prazo terminará estando aquí. Un saúdo e a seguir editando. --Atobar (conversa comigo) 09:48, 9 de xullo de 2010 (UTC)