Conversa usuario:Norrin strange/arquivo 2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bucara / Buxara[editar a fonte]

¿Bórrase, entón, a páxina República Popular Soviética de Buxara, por se-lo título incorrecto? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:34, 2 agosto 2008 (UTC)

Feito o de Iosif Stalin. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:23, 2 agosto 2008 (UTC)

Toponimia[editar a fonte]

Ola, Norrin. Prometo facerche unha proposta a semana que vén. Estes días vou andar moi liado. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 08:25, 8 agosto 2008 (UTC)

Augamorta[editar a fonte]

Vin a pregunta que lle fixeches a Lameiro, como sei a resposta xa cha digo, augamar ou augamorta son sinónimos de medusa.--Arco de Rayne 20:46, 8 agosto 2008 (UTC)

Enparantza[editar a fonte]

Espiñento tema. Eu non che estou de acordo nin con unha categoría:Terroristas (de igual xeito que categoría:Asasinos ou categoría:Homicidas), nin con categoría:Membros de organizacións terroristas nin similares, xa que como dis presenta moitas aristas e tómase partido e ráchase coa neutralidade (por poñer un caso extremo, é Nelson Mandela terrorista? segundo ee.uu. si). Eu para o caso de Enparantza penso que a mellor é categoría:Personalidades da política do País Vasco. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:55, 8 agosto 2008 (UTC)

  • Pois non acabo de ver a categoría Membros de ETA, porque por exemplo Enparantza é ex-membro, non membro. E ademais non é o mesmo ser membro de ETA no 74 ca no 2008, por exemplo. Polo medio hai escisións que fan que non sexa o mesmo, e igualar a todos, non o acabo de ver correcto. Pero non sei, quizais deberas trasportar o debate á taberna. Saúdos. AlberteSi, digame? 20:13, 9 agosto 2008 (UTC)

augamorta[editar a fonte]

Toda a vida escoitando augamorta e agora descubro que é un localismo só recollido no Grove. ¡Hai que ...! A augamorta non é outra cousa que a augamar (aguamá, aguamala, aguamansa, aguamar, aguamorta, aguaneira, aguaporca, augacheira, auganeira, augas mares, estruga do mar, maresvivas, en castelán, medusa). Saberás que desde hai uns anos cada vez aparecen con maior frecuencia e en maior número nas praias, disque por cousa do cambio climático e pola desaparición dos seus predadores naturais, as tartarugas. Grazas por darme pé a caer da burra. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:15, 8 agosto 2008 (UTC)

  • "...en castelán, medusa". Para rematar de sorprenderme, descubro que en galego tamén é medusa (VOLGa dixit). Pedro --Lameiro (conversa) 23:24, 8 agosto 2008 (UTC)

Transliteracións[editar a fonte]

Ufff, agora si que me colles a contrapé. Eu de transliteración sei tirando a pouco. Eu penso que por norma xeral sempre se empregou unha versión galega que tivera referencias e en caso de non habelo tense empregado a transliteración ó inglés. Se non lembro mal, hai meses discutírase disto mesmo. e creo que se dixera que estaba pra saír unha obra sobre trasliteración, do ruso ó galego, se non lembro mal. Non sei se saíu, de tódolos xeitos User:Sobreira é dos que entenden do tema. Eu como ves sonche de ben pouca axuda. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:56, 13 agosto 2008 (UTC)

Aquí está a conversa da que falaba ([1]). AlberteSi, digame? 21:04, 13 agosto 2008 (UTC)

Ola Norrin, escríboche para que non lle entres na teima á ip da conversa Galicia. Ademais de non colaborar fai que os demais usuarios perdan o tempo, pescudando o conflito. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:12, 15 agosto 2008 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

O que vexo no artigo que me dis, o Negu Gorriak, é que de non ter as referencias podería ser un artigo moi conflictivo. Pero entendo o que dis. Un saúdo! --GallaecioE logo? 06:33, 19 agosto 2008 (UTC)

Perdoa, para nada entendera de que falabas, estaba completamente aparvado. Agora lin o que puxo Miguel e acordei. Grazas polo modelo. Vou usalo en Ubuntu. :-) --GallaecioE logo? 10:53, 21 agosto 2008 (UTC)

señoriña[editar a fonte]

Ola Norrin strange !
Perdoa pola resposta tardía. Non che respodín no momento por serme dificil expresarme en galego, como xa sabes : e logo esqueceouse o tema por non quedar a caixa amarela de novo mesaxe. Agora non lembro que me faltaches o respeto porque teño unha boa opinion xeral do usuario que eres, na Galipedia e noutros moitos proxectos wiki, e direicho que aida que só sexa porque me alegro moitas veces na wiki en francés de ver que sigo traballos empezados por ti. O que lembro, e ainda hoxe dame o mismo sentido é de porque me tratas de señoriña ? Semellame que te burlas ? non atopo que esa palabra sexa galega e ti es galeofalante. Na páxina da conversa do Festival Intercéltico de Lorient non vexo nada que precise que pidas desculpas. A lerte si che parece axeitado aclarar algo ElviraConversa comigo 17:27, 23 agosto 2008 (UTC)

Dasme alegría Norrin strange, cabaleiro das botas azuis ... da Galipedia ! Xa sabés para mín ó importante é de conversar para darlle calidade a Galipedia. Saúdos Norrin strange ElviraConversa comigo 21:17, 23 agosto 2008 (UTC)

toponimia[editar a fonte]

Deixeiche un recado na páxina de discusión da toponimia. Síntoo non poñerme antes, pero andei moi liado. --Xabier Cid Conversa 13:33, 25 agosto 2008 (UTC)

Descubrín que tiñas esta subpáxina porque apareceume categorizada xunto co artigo real. Espero que non te importe, pero vou quitar as categorías dela. Un saúdo! --GallaecioE logo? 20:42, 29 agosto 2008 (UTC)

Consultas Académicas[editar a fonte]

Polo que podo observar, ao seleccionar esa opción no despregable o sitio tenta levarte a "http://193.145.249.218:8080/alumno/servlet/es/unav/ga/comun/seguridadAlumno/Identificacion.html", e a parte 193.145.249.218:8080 son unha IP e máis porto (8080). O normal sería que aparecese un texto en lugar da IP. E logo, no despregable, se escolles Acceso a ADI, por exemplo, salta unha alerta de seguridade no Firefox.

Recoméndoche que fales do tema cos administradores do sitio e lle preguntes a eles. O problema que tes ti concretamente é que te leva a un sitio web cuxo servidor debe estar desconectado. Claro que non sei se dicirte que tiveches sorte de que o estivese, porque ou os webmasters do sitio son moi chapuceiros, ou alguén crackeou o sitio. Un saúdo! --GallaecioE logo? 15:32, 14 setembro 2008 (UTC)

Toponimia[editar a fonte]

Ola, Norrin, temos moi parado o tema da exotoponimia, e habería que darlle unha volta... Como o levas? --Xabier Cid Conversa 21:54, 23 novembro 2008 (UTC)

Amplío o artigo e Historia de Grenlandia coas últimas noticias. Sobreira (parlez) 14:16, 26 novembro 2008 (UTC)

Castelao[editar a fonte]

Ola Norrin! Por desgraza non o teño no ordenata aquí en Salceda (téñoo en Madrid). Vas ter que agardar uns días, sobre o dío 8 de xaneiro mandareicho. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:34, 2 xaneiro 2009 (UTC)

OK, de paso vou engadi-lo extremeño, e unha ligazón a tódalas wikipedias. Alberte Si, dígame? 20:32, 2 xaneiro 2009 (UTC)


Hola. He visto en tu página web que apoyas que haya una galipedia en norma AGAL. ¿Sabes si hay muchos usuarios que apoyan este normativa? --Chabi 15:17, 5 marzo 2009 (UTC)

Ola Norrin. Non sei se se pode subi-la imaxe, xa que non aparece ningunha información sobre o fotógrafo, e sen que teñan pasado 70 anos da morte do autor da foto, esta non se pode subir. Así que de momento non cumpre os requirimentos para permanecer na wikipedia. Saúdos. Alberte Si, dígame? 18:24, 14 abril 2009 (UTC)

Artigo Vieiros[editar a fonte]

Graciñas, Norrin. Alédame escoitalo. Tamén eu penso que quedou axeitado abondo, principalmente a xulgar polas pretensións coas que o redactei, que non ían máis aló que explicar un chisquiño e de maneira sinxela o que é a Galipedia a quen aínda o descoñecían e non obstante se moven pola rede sen problema. Teño a impresión de que cumpriu co seu cometido. Un saúdo. Aburiño.--Atobar (conversa comigo) 22:48, 14 abril 2009 (UTC)

Taberna e IRA[editar a fonte]

Ola Norrin. Pois creo que poderemos tomar unha decisión sobre o tema tratado na taberna cando haxa unha proposta definida que sexa concordada pola maioría de usuarios que opinen na conversa. Sobre o do IRA, eu creo que hai bastantes cousas aproveitables no artigo, aínda que precisa dunha emllora e dunha ampliación. No do nome, non sei cal debería levar... se é polo que habitaulmente é coñecido eu creo que o que ten agora é válido. Non lembro se hai algunha política ó respecto, creo que non. Eu deixaríao como está, con redireccións dende o seu nome en inglés e en galego. A ver como vai saíndo a cousa, un saúdo. Alberte Si, dígame? 18:15, 15 abril 2009 (UTC)

Norrin, non sexas tan impulsivo, home. Que a miña palabra non é lei. Non fai falla que taches a votación, igual hai alguén que si se anima e non precisas do meu voto. Eu non teño a voz da verdade, obvio. Con todo, verbo das tarefas pendentes que efectivamente tes, non vexo cal é o problema, porque ao meu ver podes ir argallando outros ensarillados, que os hai, e a varrer. Amais, polo que vexo, xa tes feito moita cousa sen necesitares da Categoría exacta e minuciosa. Vai tirando co que estás, meu, que aínda che vai quedando feitiño. Abur.--Atobar (conversa comigo) 21:51, 16 abril 2009 (UTC)

Solidariedade[editar a fonte]

Estou de acordo--Hugo22 10:11, 18 abril 2009 (UTC).

De acordo, irei pasando pola Taberna pondo atención a ese tema. Confío en que estea solucionado canto antes. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:04, 24 abril 2009 (UTC)

Ola, Norrin. Eu non seguín porque creo que chegamos a un punto de converxencia. Ao mellor entendinche mal.--Xabier Cid Conversa 13:59, 25 abril 2009 (UTC)