Conversa usuario:Natalia Bergaño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Natalia Bergaño!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 25 de marzo de 2019 ás 22:03 (UTC)[responder]

Boas Natalia. Non podes desfacer os cambios realizados no artigo Tuluá porque estás a eliminar contido do mesmo. Agradécese a túa colaboración, pero debes tentar non desfacer o traballo feito polos outros usuarios nas túas edicións. Ademais, asegúrate de que cumpres co exposto na política Wikipedia:Cousas que non se deben facer. Proba a facer pequenas edicións ó principio e se tes calquera dúbida non teñas medo en preguntar. Un saúdo--Breogan2008 (conversa) 18 de abril de 2019 ás 12:43 (UTC)[responder]

Contidos[editar a fonte]

Ola, Natalia Bergaño. Cando engadas ou retires contido, debes facelo respectando o xa existente. Non substituílo sen máis. Tamén ten presente que debes darlle formato e achegar referencias e que os artigos, no fin de contas, non son de ninguén. Non obstante, se precisas telo parado un tempo para traballar no texto sen que haxa un conflito de edición, ten en conta que existe a opción de colocarlle o marcador de En uso, que pode manterse até un máximo de 30 días. Grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21 de abril de 2019 ás 09:29 (UTC)[responder]