Conversa usuario:Naalma78
Benvido(a) á Galipedia, Naalma78!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 19 de febreiro de 2016 ás 19:27 (UTC)
Data de nacemento[editar a fonte]
Boa Naalma, vin que engadiches unha data de nacemento no artigo Lourenzo Fernández Prieto, se coñeces a información seguro que che será moi doado engadirlle unha referencia para que todos os lectores poidan consultala en caso de precisalo. A información que se achega nos artigos, para que sexa realmente útil, debe ter referencias, tes máis información sobre o tema en Wikipedia:Verificabilidade. Se precisas axuda para poñer as referencias non dubides en contactar comigo e botareiche unha man co que sexa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2016 ás 09:19 (UTC)
- Vasme desculpar, Elisardojm, pero aínda non me aclaro moi ben con isto da Galipedia. A data saqueina do perfil de Facebook do propio Lourenzo Fernández Prieto. Grazas e un saúdo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Naalma78 (conversa • contribucións) 27 de maio de 2016 ás 09:32
- Non te preocupes que é cousa ben sinxela, o que tes que facer é poñer o seguinte código no artigo (ollo, sen as comiñas): "<ref>[http://dirección_da_páxina_web Título da páxina web]</ref>". E pregunta o que queiras que aquí estamos todos para axudar :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2016 ás 11:57 (UTC)