Conversa usuario:Mougán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Mougán!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 19:15, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, desfixen a túa edición en Porte Arnelas, para crear un artigo sobre o lugar tes que premer aquí. Procura seguir o modelo doutros lugares, explora un pouco antes pola Galipedia. Non é dificil.--Cheluco 20:45, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Juan López Mella[editar a fonte]

Boas, creo que non hai que cambiar o formato da cabeceira do artigo, tal e como estaba na miña edición síguese a convención que hai noutros artigos coma o de Castelao, o de Rafael Dieste e moitos máis. Si non tes obxecións voltarei a poñer ese formato no artigo para manter esa liña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:50, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)

Sobre o que che di Elisardo podes consultar Wikipedia:Libro de estilo, onde atoparás xustificado o formato que ten agora o artigo. Para calquera dúbida pregunta. E un consello: diversifica o teu traballo, tanto centrarte nun só artigo dá para pensar que tes algún especial interese nel. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:58, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)
Como che din o formato ao inicio das biografías é o mesmo en todas as páxinas da Galipedia.--Cheluco 15:02, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)

Parece ben, se as demais están así, pero "tanto centrarte nun só artigo dá para pensar que tes algún especial interese nel" esto non son capaza de entendelo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 79.154.203.158 (conversacontribucións) 21 de xaneiro de 2011 ás 18:44