Conversa usuario:Mofl5

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Colleiteiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2015 ás 12:19 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Colleiteiro.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 8 de setembro de 2015 ás 12:52 (UTC)[responder]

OK! Grazas polo aviso, en calquera dos casos fun eu quen fixo as páxinas en galego e castelan.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Colleiteiro. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2016 ás 20:33 (UTC)[responder]

Conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Mofl5.

Por favor, ten en consideración o expresado en: Wikipedia:Conflito de intereses.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2016 ás 20:33 (UTC)[responder]

Castrelo de Miño[editar a fonte]

Boas Colleiteiro, amañei o dato das adegas segundo a referencia que engadiches, pero tes que ten en conta que non chega con engadir unha ligazón web para eliminar un cómpre referencia, o que hai que facer é poñer no artigo os datos que se poden extraer da fonte, doutra forma esa referencia non vale para nada. Fíxate ben nisto porque a verificabilidade da información é un dos Wikipedia:Cinco piares. Se precisas axuda con algo disto podes deixarme un comentario na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de agosto de 2017 ás 13:09 (UTC)[responder]

Boas tarde. Vale, eu sei o numero porque fai pouco tivemos as eleccións e as contei, a miña familia ten unha en Souto, pero ese censo non é publico. --Colleiteiro (conversa) 7 de agosto de 2017 ás 13:58 (UTC)[responder]
115 é en todo o Ribeiro, do listado da web do Ribeiro tes que contar as que son de Castrelo de Miño, que son 23, 14 de colleiteiro e 9 adegas industriais.--Colleiteiro (conversa) 7 de agosto de 2017 ás 13:59 (UTC)[responder]
Niso tes razón, pero entón para poder confirmalo tes que achegar outra referencia onde poida verificarse iso, xa que a ligazón que hai actualmente só da o número total. Vou poñer de novo a marca de cómpre referencia e desfacer o meu cambio. Outra cousa, para responder ás mensaxes dos outros usuarios debes poñer os comentarios na súa páxina de conversa, así aparécelle o texto de "Ten mensaxes novas" e poden decatarse das túas respostas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de agosto de 2017 ás 15:09 (UTC)[responder]