Conversa usuario:Miguelregojo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, !

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 16:32 (UTC)[responder]

Marzo 2018[editar a fonte]

Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 16:32 (UTC)[responder]

Contidos con dereitos de autor[editar a fonte]

Boas Miguelregojo, tiven que eliminar os contidos que achegaches ó artigo de Ramiro Vidal Carrera porque sendo a fonte un xornal de 1959 ese contido ten dereitos de autor e non pode achegarse ós artigos da Galipedia. Se precisas axuda con algún tema do proxecto podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 20:22 (UTC)[responder]

Non quitar os modelos[editar a fonte]

Boas de novo Miguel, non se poden quitar os modelos de aviso dos artigos ata que os problemas que teñen estean solucionados. No artigo de Ramiro Vidal hai dous marcadores, que hai partes que non son neutrais, podes consultar Wikipedia:Punto de vista neutral sobre este tema, e que faltan referencias, podes consultar Wikipedia:Verificabilidade para ter máis información sobre esta cuestión. Se precisas calquera axuda podes contactar comigo ou facer unha consulta na Wikipedia:A Taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2018 ás 01:55 (UTC)[responder]

Cambios en modelos e contidos[editar a fonte]

Boas de novo Miguel, tiven que reverter as túas últimas edicións no artigo porque os contidos achegados non estaban baseados en referencias. A maiores, coméntoche que unha das modificacións que fixeches provocaba que o modelo de sucesión non se visualizara correctamente. Ten coidado con esas edicións, e antes de gardalas no artigo preme no botón de "Mostrar a vista previa" para asegurarte de que os cambios son correctos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2018 ás 14:37 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Miguelregojo. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 23 de marzo de 2019 ás 20:38 (UTC)[responder]