Conversa usuario:Miguelferig/arquivo2011

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grupo prostético[editar a fonte]

Ola, Miguelferig. Fixen algúns cambios en Grupo prostético para adaptalo ó formato da Galipedia. Aquí tes a edición, para que vaias aprendendo como se fai. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:46, 26 de abril de 2011 (UTC)

Ola Miguel, parabéns polas achegas.

Mentres esteas a editar un artigo valora a posibilidade de poñerlle un aviso do tipo {{entradución}} ou {{enuso}}.

Saúdos--. HombreDHojalata.conversa 21:25, 8 de maio de 2011 (UTC)

Non te preocupes, non é cousa túa. A min comezou a ocorrerme e mesmo esta semana cando uso o ordenador do traballo (con Internet Explorer), no da casa inda non tiven problema (emprego Mozilla Firefox)--. HombreDHojalata.conversa 18:10, 9 de maio de 2011 (UTC)

Tradución doutra Wikipedia[editar a fonte]

Miguel, ao traducires artigos doutra Wikipedia cómpre indicalo no resumo de edición por temas de licenza. Tes unha explicación máis polo miúdo en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias. E outra cousa: ten en conta que o marcador é {{Entradución}}, con acento gráfico no "ó", senón non che sae a mensaxe. Saúdos e parabéns polo traballo no ámbito celular! --Toliño Fala aquí comigo 18:56, 16 de maio de 2011 (UTC)

Se a tradución vén de varias wikipedias podes indicalo así, pero se consideras que cambiaches o texto o suficiente como para que non teña nada que ver co orixinal podes prescindir de poñelo. Por suposto, se o texto o elaboraches ti non o tes que poñer tampouco. Sobre o das referencias, refíreste a que non aparecen na sección que lle corresponde (e entón aparecerá ao final unha mensaxe de erro en vermello indicándoo) ou que na sección onde deberían ir aparecen cun formato incorrecto? --Toliño Fala aquí comigo 19:28, 16 de maio de 2011 (UTC)

RE: Sobre as referencias[editar a fonte]

Ben intento explicarche polo miúdo un chisco sobre o tema. Normalmente ás referencias que se poñen ao longo dun artigo dáselles formato coa axuda dalgúns modelos, que cambian de nome dunha Wikipedia a outra. Por exemplo, o modelo {{Cite web}} da Wikipedia en inglés é o {{Cita web}} na Galipedia. Se queres ver a lista de todos os modelos de referencias está aquí: Categoría:Marcadores de referencias. Por outra banda, os modelos empregan os chamados parámetros (título=, nome=, dataacceso=) para que a información apareza no formato e orde correctos. O problema vén tamén en que ao trasladar unha referencia ademais de cambiar o nome do modelo cómpre tamén corrixir os nomes dos parámetros. En canto a isto, actualmente estou intentando que os parámetros deixados en inglés sirvan na Galipedia, pero só en inglés e non noutras linguas, á parte do galego, claro está. Agardo non liarte coa explicación anterior.

Logo está a outra parte do tema: que as referencias aparezan na sección "Notas". Sobre isto tes unha explicación en: WP:LE#Notas e Véxase tamén. O resumo sería que na sección "Notas" cómpre colocar o marcador {{Listaref}} para que aparezan aí as referencias que se citan no texto.

A ver se con estas explicacións tes o tema máis claro. Se necesitas máis axuda, xa sabes onde atoparme. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 08:52, 18 de maio de 2011 (UTC)

  • Ola, e aínda que non me preguntache a min: para cambiar o nome dunha páxina ou, dito doutra maneira, se queres mover un artigo a outro, só tes que mover a páxina ao novo título. Vas á páxina que queres mover, e ao lado xusto da caixa procurar (arriba dereita) tes mesmo á esquerda pegado un triángulo; se pos o rato nese triángulo aparéceche a opción mover. E xa está. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:40, 18 de maio de 2011 (UTC)

conta bloqueada[editar a fonte]

Non sei que pasa, pero a miña conta da wikipedia está bloqueada. Prece que a usou un tal Yaoming. Non entendo nada. Todos os IP da miña casa e dos PC do meu instituto (que uso moitos cando teño tempo libre alí) están bloqueados para editar a wikipedia. Non sei a que se debe nin canto tempo durará. Eu creo que non fixen nada malo, polo menos a mantenta. Non entendo nada. Miguelferig 09:03, 20 de maio de 2011 (UTC)

Podes achegar os nomes das contas e os enderezos IP que están bloqueados? --Toliño Fala aquí comigo 09:16, 20 de maio de 2011 (UTC)

miguelferig desbloqueado creo[editar a fonte]

Xa entrei coa conta miguelferig e agora está desbloqueada, e podo editar. No meu PC de casa as IP non están visibles (ou en non sei onde se buscan) porque no sitio normal sempre está activado "obter unha IP automaticamete". Eu teño contrato de Internet coa compañía R. Sérá por iso. No meu portátil non sei porque creo que ten as súas opcións, teño IP automática en casa para o internet sen fíos e unha IP do instituto para cando o levo alí, pero non o teño encendido agora. As IP do instituto son un cento delas, hai unha IP do centro e outras moitas IP para cada ordenador. Non nas sei de memoria.

De todos modos estou vendo que isto xa funciona. GRAZAS. Miguelferig 20:47, 20 de maio de 2011 (UTC)

Contas alternativas[editar a fonte]

Boas, só quería informarte de que marquei a conta Usuario:Miguelfernandez1 como conta alternativa válida destoutra, polos problemas que tiveches estes días pasados. Isto é para evitar que te acusen de posuír un monicreque. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:03, 22 de maio de 2011 (UTC)

O que fixen foi simplemente unha prevención. Tes máis información sobre isto en: Wikipedia:Monicreques. --Toliño Fala aquí comigo 15:09, 22 de maio de 2011 (UTC)

Bo traballo[editar a fonte]

Boas Miguel, xa colles un ritmo do máis interesante. Moi ben estes case 40 artigos[1]. Que siga así, e por moito tempo. Dá gusto ver galipedistas constantes. --Atobar (conversa comigo) 18:11, 30 de maio de 2011 (UTC)

En primeiro lugar, déixame que che dea os parabéns polo teu magnífico traballo no ámbito xenético e celular. E logo invítote a pasar pola conversa do artigo sobre as mitocondrias, onde deixei unha mensaxe. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:17, 20 de xuño de 2011 (UTC)

Sobre as redireccións tes a explicación polo miúdo en Wikipedia:Como redireccionar unha páxina. Sobre o dos ribosomas vexo que vai dar máis problemas, pero non podemos ter "dous artigos" (por así dicilo) e cómpre fusionar ambas partes e integrala nunha soa. --Toliño Fala aquí comigo 18:57, 20 de xuño de 2011 (UTC)

Un pequeno arranxo de formato. Olla para aquí para o teres en conta no futuro. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:55, 17 de xullo de 2011 (UTC)

Conversa de artigo[editar a fonte]

Preguntas por ti aquí, Miguel. Conversa:Hipótese do mundo de ARN. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:44, 19 de xullo de 2011 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Bos días, Miguel. Bótalle un vistazo á Categoría:Bioquímica, por favor, para asegurar que as subcategorías e os artigos encadrados nelas están ben distribuídos, así como os artigos que colgan da categoría xeral Bioquímica. Onte estiven colgando categorías vermellas de conceptos deste eido (tipo aminoácidos, bases nitroxenadas, purinas e así) pero non sei se non haberá repeticións e/ou carencias. Os meus coñecementos neste campo son moi vagos e prefiro que ti, que controlas ben estes conceptos, revises esta categorización. Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 12:39, 7 de agosto de 2011 (UTC)

  • Ola Miguel. Como ben sabes as categorías pretenden agrupar distintos artigos baixo un concepto común, e permiten viaxar por ese grupo de páxinas que desenvolven un determinado tema. Este tema pode subdividirse en subcategorías tanto como queiramos, e á súa vez debe colgar doutro concepto (categoría) superior. É unha clasificación arbórea baseada na lóxica e na clasificación académica. Nas wikis inglesa ou castelá, por exemplo, como teñen tantos artigos, teñen categorías case para todo o habido e por haber, pero nós, con moitos menos artigos, non chegamos aínda a ese grao de dicotomización. Por iso cando traduces te atopas con categorías que quedan en vermello porque na Galipedia aínda non existen. As categorías non se "cambian" no sentido de movelas como facemos cos artigos: créanse ou destrúense, como a materia. Ti podes crear unha categoría e colgala doutra que consideres oportuno, ou cambia-la categoría por unha máis ampla xa existente. Cando esta categoría conteña moitos artigos pode chegar o momento de dividila (como teremos que facer, por exemplo, coa categoría Aves). Crear categorías desde o primeiro momento aforra traballo futuro pero ten o inconvinte de ter categorías moi cativas; agrupar nun primeiro momebto e dividir despois ten o inconvinte de recategorizar artigos, ás veces moitos artigos. Xa ves que, como todo, todo ten a súa cara e a súa cruz. É unha boa práctica dedicar, de cando en vez, un tempo a ver categorías e decidir se cómpre dividilas ou non. O caso é evitar, sempre que sexa posible, que nos queden en vermello. Bueno, grazas polo teu traballo e a seguir ben. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10:05, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Ciclo celular[editar a fonte]

Boas noites, Miguel: lembra que no artigo Ciclo celular quedáronche moitos "Modelo:Citation" en vermello (por inexistentes). Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:09, 7 de agosto de 2011 (UTC)

Miudallo para ter en conta no formato[editar a fonte]

Pois iso: unha chilindrada que debes ter en conta no formato dos futuros artigos. [2] Un saúdo e gran traballo. --Atobar (conversa comigo) 20:37, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Graciñas. Aquí o tes explicado no libro de estilo. A ver cando redactas a túa páxina de usuario, para sabermos os demais quen hai detrás dese experto en ciencias. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:03, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Forza forte[editar a fonte]

Boas Miguel. No artigo Ponte de hidróxeno dise que é un "enlace dipolo-dipolo cunha forza moi forte con respecto ás outras forzas intermoleculares". ¿Ocórresche algunha outra redacción que nos permita eliminar esa expresión redundante de "forza moi forte"? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:18, 29 de outubro de 2011 (UTC)

Aldehido e formaldehido[editar a fonte]

Boas Miguel. Borrei as entradas *aldehído e *formaldehído por seren incorrectas. O VOLGa e o DRAG só admiten estas voces sen til. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:56, 31 de outubro de 2011 (UTC)

Xa o sabía, pero había páxinas que tiñan o termo "aldehído", con acento, e en vermello, e para redireccionalas a "aldehido", sen acento (que foi a páxina que fixen eu), creei a páxina aldehído como unha redirección que remitía a aldehido. Ademáis, estaba xa creada por outro usuario a páxina "formaldehído", con acento (que non é correcto), e eu creei a páxina "formaldehido", sen acento, para que se me puxesen en azul os termos formaldehido que incluín eu na miña páxina de aldehido. Quizais o que debía facerse era cambiarlle o nome á páxina "formaldehído", polo de formaldehido. Agora igual quedan en vermello as palabras aldehído de diversas páxinas e só quedarán en azul as aldehido. Ou habería que corrixirlle a ortografía a todas.Miguelferig 10:48, 1 de novembro de 2011 (UTC)
Miguel, para que lle chegue aviso a Lameiro da túa resposta, tes que lle escribir na súa páxina de conversa e non na de teu. Dito iso, ao que imos: na galipedia non redireccionamos sobre erros, co cal a solución pasa por corrixirmos todos os *aldehÍdos que haxa por aí. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:30, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Categoría errada[editar a fonte]

Boas, Miguel. Non hai -aínda- forma de mover categorías, así que o cambio que queres facer hai que facelo a pan de millo:

  1. crear a nova categoría correcta (Glicolípidos)
  2. recategorizar os artigos que conteña (como neste caso, glicolípido está baleira, aforras este paso)
  3. unha vez baleirada a cat. Glicolípido, marcala para borrar, indicando a razón.

Saúdos e parabéns polo teu traballo tan detallado e rigoroso. Pedro --Lameiro (conversa) 18:59, 20 de novembro de 2011 (UTC)

Crear páxina para estatística interna[editar a fonte]

Miguel, fai unha cousa se non che importa: crea a páxina tal e como che piden aquí (tarda en cargar), para eu poder ter controlada a estatística dos usuarios que editamos habitualmente. Ademais, é ben curioso ver a evolución persoal dun a longo prazo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:16, 22 de novembro de 2011 (UTC)

Explícoche, Miguel.
Di: Contador por meses/Artigos máis editados: User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Miguelferig/EditCounterOptIn.js with any content.
  • Polo tanto, aquí mesmo, na Galipedia,basta con que crees o artigo usuario:Miguelferig/EditCounterOptIn.js e no contido poñas calquera cousa, dende ola, amigos ou páxina de proba a soamente un (.) ou unha coma (,). Con iso xa chego para podermos ver as estatísticas detalladas. E súmome ao dito por outros editores: gran traballo! --Atobar (conversa comigo) 22:53, 25 de novembro de 2011 (UTC)

parabéns[editar a fonte]

Ola. Só che escribo isto para te felicitar polo traballo que vés realizando neste proxecto, pois estás enchendo baleiros moi significativos no eido científico. Eu, que son de letras, sempre pensei que este proxecto quedaba un pouco coxo, precisamente nas ciencias, pero co teu labor case sen descanso estás axudando moito a solucionar este problema. Pois nada, un saúdo e seguir así. --Servando2 (Dime) 18:14, 25 de novembro de 2011 (UTC)

  • Eu, que son de ciencias, tamén estou aprendendo moito de Miguel. Se unha das eivas da wikipedia é a falta de especialistas, nós podemos estar máis que contentos coa túa colaboración. Grazas e a seguir sendo bo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:51, 25 de novembro de 2011 (UTC)

pole tricolpado[editar a fonte]

Boas Miguel. Faime un favor. No artigo dicotiledónea utilízase varias veces o termo "pole tricolpado", que o usuario normal non vai entender. ¿Podías engadir unha nota a rodapé definindo esta palabra? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:03, 7 de decembro de 2011 (UTC)

  • Perfecto. Moitas grazas e tómate un café. Pedro --Lameiro (conversa) 20:59, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Unha pregunta[editar a fonte]

Boas Miguel. Unha pregunta: ¿hai protozoos macroscópicos? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 01:34, 18 de decembro de 2011 (UTC)

  • Grazas, mestre, polas explicacións. Nin me imaxinaba tal cousa. O contexto foi unha definición de dicionario que dicía que "a maioría son microcópicos". Preguntareiche máis cousas, ata que te aburras e me cortes. Grazas e saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:41, 18 de decembro de 2011 (UTC)

Miguel, pódese retirar o aviso e o texto en inglés ou vas continuar coa tradución?

Un saúdo e parabéns, de novo, polo teu traballo. --. HombreDHojalata.conversa 20:13, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Perfecto. Un truquiño, ocultei provisionalmente o texto en inglés [3]. Cando che faga falta para traballar so tes que retirar as dúas liñas que puxe e volve a aparecer. Grazas--. HombreDHojalata.conversa 20:43, 20 de decembro de 2011 (UTC)

óso/tecido óseo[editar a fonte]

Ola! Vin que fixeches o artigo de óso e que estás a facer múltiples artigos de citoloxía/histoloxía. Se algún día podes facer o artigo de tecido óseo agradeceríacho, xa que están feitos os artigos sobre o tecido muscular, nervioso e outros. Eu estou facendo a anatomía do membro superior, por se me queres algo. Un saúdo, e moitas grazas! --Silverfox 04:07, 27 de decembro de 2011 (UTC)

  • por min non hai presa ningunha e remata os artigos que esteas facendo. Xa lle botei un ollo a algúns e son moi bos. --Silverfox 14:02, 27 de decembro de 2011 (UTC)
    • grazas polo de tecido óseo. Pasareime polo artigo de óso e engadirei algúns conceptos anatómicos.

--Silverfox 00:22, 28 de decembro de 2011 (UTC)

Endócrino[editar a fonte]

Boas Miguel. Acabo de ver nos cambios recentes que andas traballando na fibrose quística, e que titulas unha das seccións como "Enfermidade endocrina". Ben, só quería advertir que en galego é endócrina (RAG dixit). Unha desas moitas cousas que nos rompen os esquemas ós formados en castelán. Non sei se xa o usaras antes ni se isto suporá moito traballo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:24, 27 de decembro de 2011 (UTC)

  • Pois entón, sinto o dito. A verdade é que nin mirei a edición e non sei por que o din por suposto. Bueno, repito que o sinto, e grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 22:36, 27 de decembro de 2011 (UTC)

Nanotubo de membrana[editar a fonte]

Hola, he añadido una foto al artículo inglés, por si quieres traducirla al gallego. Saludos y feliz año.--Gustavocarra 17:33, 28 de decembro de 2011 (UTC)

Así explicado, estou de acordo contigo, Miguel. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 22:24, 28 de decembro de 2011 (UTC)