Grupo prostético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Os grupos prostéticos son compoñentes non formados por aminoácidos, que están fortemente unidos a certas proteínas, xeralmente de modo covalente. O conxunto formado polo grupo prostético e a parte formada por aminoácidos constitúe a proteína completa, chamada heteroproteína. Un exemplo de heteroproteína é a mioglobina, na cal o grupo prostético é un grupo hemo. Moitas proteínas con grupo prostético son encimas, e neles o grupo prostético funciona como un cofactor necesario para que o encima realice a súa catálise. Un exemplo de encima deste tipo é a piruvato carboxilase, cuxo grupo prostético é a biotina.

Cando a unión do cofactor (orgánico ou inorgánico) non é forte nin permanente durante toda a catálise non debe considerarse como grupo prostético.

Porén, un mesmo cofactor pode estar fortemente unido nuns encimas e feblemente unido noutros. Por exemplo, o coencima pirofosfato de tiamina (TPP) está fortemente unido na transcetolase ou na piruvato descarboxilase, pero a súa unión é menos forte na piruvato deshidroxenase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]