Conversa usuario:Martiño gz65

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Martiño gz65. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 1 de febreiro de 2024 ás 13:40 (UTC)[responder]

Ola HombreDHojalata.
Tiven que deixar o artigo que comezara a editar a medias. Como non quería que se perdera o que levaba traducido, publiqueino nun apartado que se chama "Borrador persoal", pensando que quedaba gardado ata que o rematase e así publicalo coa opción "Páxina nova".
Agora estou un pouco confundido, o borrador non é tan persoal como pensaba?
Publiqueino onde non debía?
Tes un cargo de administrador supremo que pode acceder a tódolos artigos?
Grazas polas ferramentas, utilizareinas e tentarei escribir correctamente.
Un saúdo, Martiño Martiño gz65 (conversa) 1 de febreiro de 2024 ás 18:23 (UTC)[responder]
Ola, Martiño; calquera persoa pode acceder a tódolos artigos, non hai contido restrinxidos, e vendo Especial:Cambios recentes é posible ver cales foron as últimas edicións feitas na Galipedia. Fixeches moi ben creando o borrador para poder traballar o texto antes de crear o artigo. Anímote a seguir editando. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de febreiro de 2024 ás 19:00 (UTC)[responder]