Conversa usuario:Mariasolinotic
Benvido(a) á Galipedia, Mariasolinotic!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Toliño Fala aquí comigo 11:46, 17 de xuño de 2010 (UTC)
Cangas[editar a fonte]
- Ola! Supoño que es alguén do departamento de TIC do IES María Soliño, e quen coordina ao alumnado, non? Moitas grazas polas túas achegas sobre o concello de Cangas, hai datos moi interesantes! Aínda que xa está a rematar o curso, anímovos a mellorar o contido, dándolle formato axeitado, corrixindo as faltas de ortografía (podedes falar co departamento de lingua galega para que vos bote unha man), e poñendo as fontes das que obtedes os datos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:56, 20 de xuño de 2010 (UTC)
Cangas[editar a fonte]
Realmente non hai departamento TIC, estamos no de Tecnoloxía, son Jose A. Salgueiro e este ano dou clase en primeiro de Bacharelato.
Xa lle din as felicitacións aos meus alumnos.
Comenteilles que deberían por as fontes de onde obteñen os datos. Un saúdo --Mariasolinotic 10:30, 21 de xuño de 2010 (UTC)