Conversa usuario:Manuel Barral

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Manuel Barral!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 14:31 (UTC)[responder]

Votación[editar a fonte]

Ola, Manuel, boas tardes,

Propuxen para borrar o artigo que creaches, Luz Muinelo. Aínda que explico as razóns que me levan a facelo, na propia páxina de votación, como es un recén chegado á Wikipedia gustaríame explicarche con máis detalle por que o fago, porque pode ser que a terminoloxía que emprego nesa páxina resulte un pouco abstrusa ou crúa.

En primeiro lugar, creo que non é unha personalidade tan notable como para estar na Wikipedia. Iso sempre é un criterio persoal. Creo que non debería ter un artigo todos os fundadores de empresas galegas (nin sequera todos os fundadores de empresas educativas). Non discuto que probablemente para ela, por ser muller, fose especialmente difícil, pero non me parece tan notable como para ter un artigo na Wikipedia. Tamén é filla predilecta de Taboada. Ata o de agora os títulos de fillos predilectos ou fillos adoptivos non supoñen automaticamente a aceptación na Wikipedia, pois normalmente veñen acompañados doutros méritos.

Despois está o argumento da campaña. Non é correcto empregar os artigos da Wikipedia para reforzar os méritos dunha determinada figura, e podería ser que ti creases o artigo no marco desa campaña para atribuírlle unha rúa a Luz Muinelo. Insisto no podería: non teño ningunha proba, pero é algo que sucede na Wikipedia de cando en cando, e aínda que ten lóxica, contravén os principios da Wikipedia. Cando isto sucede, ademais, adoita ser que o autor do artigo é o primeiro artigo que escribe porque ese é o seu propósito para rexistrarse como usuario na Wikipedia. Non sei se é o teu caso, pero dende fóra parece que si. Desculpas de novo se interpreto mal, pero habitualmente é así.

Tamén podería ser que foses un parente de Muinelo. Aínda que non te apelidas nin Rigueira nin Muinelo, parece que tes accesos a fontes familiares. Iso fai que o artigo sexa o resultado primario dunha investigación (non debería seguir na Wikipedia se así fose), ou pode ser que sexas realmente un parente ou persoa próxima a ela. Neste caso, tampouco deberías ser ti a persoa encargada de crear o artigo, e debería ser borrado.

Ademais, a fotografía tamén ten problemas de copyright: pero iso é algo que che comentarei no lugar adecuado. Desculpa se isto che resultan malas novas ou che parece un nivel moi extremo de esixencia. Todos tentamos facelo o mellor posible, e eu non teño nada en contra de ti, e por suposto nada en contra de Luz Muinelo. Estou ao teu dispor para falar disto e explicarche con máis detalle todo o que necesites. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de agosto de 2015 ás 18:52 (UTC)[responder]

Ola, Manuel. Moitas grazas pola túa mensaxe. O primeiro que quería agradecerche é que encaixases tan ben a miña mensaxe: ben sei que non é sinxelo facelo porque puxeches moito traballo no artigo, e tamén moita ilusión e motivación persoal. Voume centrar na resposta en tres puntos (a notabilidade, a campaña e a fotografía) para explicalos mellor. O meu propósito é que entendas as regras da Wikipedia, para que, confío, comprendas a decisión da comunidade, sexa cal sexa.
O primeiro é a notabilidade. É difícil dicir qué ten notabilidade para ter un artigo na Wikipedia e que non. Hai distintas visións sobre isto, distintas filosofías. É lóxico que haxa artigos que se atopan no medio e que susciten dúbidas. Non hai nada malo niso. Pero claro, os méritos da notabilidade teñen que quedar claros no artigo. De Luz Muinelo só se di que foi mestra e que fundou un colexio. Ademais, foi escollida Filla predilecta de Taboada. Ben, a wikipedia non é un catálogo onde deban estar todos os mestres, nin sequera todos os mestres que ademais son empresarios. Creo que niso debes concordar comigo. Na túa mensaxe engades ademais que tiña máis mérito Muinelo porque era muller, porque fundou o colexio durante a ditadura... Sen quitarlle con iso mérito ao seu labor profesional, creo que iso non é abondo. Foi ela a primeira directora dunha escola na provincia de Lugo? Escribiu algún libro de pedagoxía? Fixo algo contrastable que poida ser sinalado como un método obxectivo e que a faga especial fronte a outras mulleres empresarias, ou fronte a outras mulleres mestras? O de que sexa Filla predilecta de Taboada... para min quizais sexa mérito abondo, pero tamén entendo quen diga que iso non é merito abondo.
Sobre a campaña: efectivamente, e como ti recoñeces, Luz Muinelo non é unha persoa allea a ti, escollida de forma aleatoria. Hai razóns para creares o artigo. Todos temos: sempre hai algo que nos leva a dedicarnos a facer artigos de illas de Rusia e non de compostos químicos. Pero coas biografías, coas ideoloxías, coas relixións... temos que ser máis prudentes. Ti admites que tes coñecemento de Taboada, que mesmo tes contacto coa familia ata o punto de cederche unha foto... iso ao meu ver entra no campo de "o artigo debería facelo outra persoa". Por que? Para garantir a neutralidade. Ou, dito doutro xeito, se Luz Muinelo debe ter un artigo na Wikipedia debería ser escrito por alguén que non teña uns vínculos tan fortes con la mesma.
Sobre a fotografía: as imaxes na Wikipedia teñen que estar libres de dereitos ou suxeitas a unhas licenzas abertas (CC-by, por exemplo). Esta foto debeu ser tomada nos anos 40. Iso quere dicir que o fotógrafo pode ser que morrese xa, pero tería que morrer antes de 1945 para que a imaxe estea libre de dereitos. A opinión da familia de Muinelo, neste caso, non é relevante: os dereitos da fotografía son do fotógrafo. Se foses capaz de localizar o fotógrafo e determinar que morreu antes de 1945, xa pasarían os 70 anos e a imaxe podería incorporarse á Wikipedia.
Espero que fose quen de aclarar mellor estes puntos. Que podes facer? Ben, agora mesmo creo que nada. A votación está aberta, e a comunidade pode optar porque permaneza o artigo, ou que se retire. Se se retirase, o máis interesante é que fose outra persoa, menos relacionada coa familia, a que decidise se quere realmente escribir un artigo sobre Luz Muinelo. Nese caso, sería crucial deixar claramente expostos cales son os seus méritos obxectivos para estar na Wikipedia. E achegar fontes, publicacións, referencias que respalden eses méritos. Confío que todo isto que che digo teña xeito, e que se entenda. A min dóeme botar por baixo traballo ben intencionado; mais creo que dentro da Wikipedia o mantemento do artigo, tal e como está, é moi discutible. Apertas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de agosto de 2015 ás 21:22 (UTC)[responder]