Conversa usuario:87.217.144.97

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Vicedo[editar a fonte]

Ola, entre outras cousas, o primeiro dos textos, dicía exactamente isto para facer efectiva a condea de devolución das cantidades "cobradas" ilegalmente polo anterior rexidor, que gobernaba "unipersoalmente e despoticamente". Creo que esa frase, con ese texto, non é probada nin probábel, senón unha mera opinión. En todo caso, se hai que dar este tipo de información será no seu sitio correspondente de 'Historia do Vicedo' e non na páxina de discusión sobre os contidos do artigo. Non creo, por esas razóns, que se me poida cualificar de vándalo, pois non borrei máis ca seguindo os principios da Wikipedia. Creo que, se esa información é relevante, saberás atopar a maneira máis xusta e correcta de dala, algo que eu non atopei, así como o sitio concreto. O meu propósito como usuario é que a maior cantidade de xente posíbel participe na Galipedia, pero todos debemos ter en conta que este non é o espazo para verter as nosas opinións, independentemente de que neste caso, por exemplo, poidan ser coincidentes. Un saúdo, e desculpa se che pareceu moi brusco o troco. Entendín que era necesario.--Xabier Cid 15:43, 17 agosto 2007 (UTC)

  • Ah, e que pensei mellor de ti do que debía. Porque se daquela fuches ti o que escribiu o tal %%%%%%%%% non foi concenado por prevaricacion somente por ser declarado "ignorante", sen estudos e sen criterio propio (e chegou a alcalde!) entón é que creo que este debate non debería ter lugar, por obvio que eses feitos non son probados nin probábeis, e só opinións túas. --Xabier Cid 16:01, 17 agosto 2007 (UTC)
  • Creo que non é posible facerche entender onde acabas ti e comeza a Galipedia. Se existe semellante sentenza, deberías citala cos criterios de referencia necesarios, aínda que quizais outros usuarios opinen que se o alcalde é ou non ignorante é un dato completamente irrelevante. Por favor, le Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Pola miña parte non vou seguir debatendo sobre a pertinencia da túa afirmación. Outros usuarios ou administradores da wikipedia quizais teñan máis paciencia ca min. --Xabier Cid 16:17, 17 agosto 2007 (UTC)
  • Ola 87.217.144.97. Só quero engadir este parágrafo de en:Wikipedia:Verifiability, pode contribuír a aclarar de que está falando Xabier Cid: "The threshold for inclusion in Wikipedia is verifiability, not truth. "Verifiable" in this context means that any reader should be able to check that material added to Wikipedia has already been published by a reliable source. Editors should provide a reliable source for quotations and for any material that is challenged or is likely to be challenged, or it may be removed.". Non basta con afirmar que existe unha sentenza xudicial hai que indicar unha fonte fiable onde verificalo (verifiability, not truth). Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:22, 17 agosto 2007 (UTC)

Paranoia[editar a fonte]

Ola, desculpa se borrei datos que eran importantes.

  1. Non os borrei pensando que eran teus, posto que non teño costume de andar memorizando IPs.
  2. Pídoche desculpas por borralos.
  3. Os datos de etimoloxía son propios do Galicionario, non da Galipedia. Non achegan ningún contido sobre o que é o esteiro (neste caso).
  4. Despois da túa explicación, xa non sei cando dis que son sinónimos e cando non esteiro e estuario.
  5. O que se debería facer, conforme o teu artigo inicial era, ou movelo ao Galicionario ou directamente borralo, porque non era enciclopédico. Eu, en vez de propolo para unha ou outra cousa, pensei que había cousas aproveitábeis máis ca nada porque quedaban pendentes os topónimos todos de Esteiro, que non estaban recollidos.
  6. Anímoche a seguir ampliando o artigo para dotalo de forma e substancia encilopédica.
  7. Unha vez máis desculpa por borrar cousas que non era necesario borrar.

--Xabier Cid 19:04, 17 agosto 2007 (UTC)

  • Uff, resulta ben difícil debater e falar con normalidade con quen se supón obxecto de persecución. En realidade, creo que non teño moito máis que dicir, agás que vexo unha lixeira diferencia entre o contido que achega Ao rematares a Idade Media e comezarse a Idade Moderna a rexión foi administrada ante o avance turco por duques que prestaban en ocasións, algunha vasalaxe ós emperadores alemáns, deste xeito os duques recibián o título alemán de "Herzog" (= duque), por iso o seu territorio ou ducado pasou a ser chamado "Hercegovia" ou "Hercegovina", cá que achega Provén do latín aestuariu, o que por outra parte é incorrecto ou cando menos dubidoso. Por suposto, a non inclusión de datos etimolóxicos (unha ciencia ben escura) é unha opinión miña, e non da Galipedia; porén a Galipedia non adoita recollelas (creo que con bo criterio, agás en casos significativos); polo demais a inglesa tampouco (e creo que tamén con bo criterio, aínda que sexan proxectos distintos completamente). Síntoo que perderas o tempo en discusións de Segunda B. Se houbese máis veces, espero estar á túa altura.--Xabier Cid 08:54, 18 agosto 2007 (UTC)

Sobre o que é vandalismo[editar a fonte]

Ola 87.217.144.97. Acusar reiteradamente de vandalismo a un usuario que ten demostrado en numerosas ocasións ser un colaborador valioso para este wiki pode considerarse un acto de mala fe. En en:Wikipedia:Vandalism ten un artigo que recolle o que comunmente se considera vandalismo na Wikipedia, alí pode ler "Vandalism is any addition, removal, or change of content made in a deliberate attempt to compromise the integrity of Wikipedia." Como vostede ben sabe de ningún xeito se pode acusar a Xabier Cid de tal cousa, ao contrario a súa contribución ten sido desde que está na Galipedia fundamental para combatelo. Quero sinalar que a Wikipedia non é unha loita de egos para ver quen queda por riba doutro, e na Galipedia moito menos porque entrar en discusións dese tipo supón unha dilapidación de esforzos que non nos podemos permitir. A impresión que transmite insistir nunha discusión polo mudanza de catro palabras e a eliminación de cinco é de resentimento no canto da procura dun entendemento, máis cando o usuario implicado se desculpou aínda ser ter que facelo. Por favor, esqueza dita discusión e intente coñecer máis sobre o funcionamento do wiki. Supoño que o seu obxectivo coincide co de todos nós: construír un proxecto que sexa valioso para Galicia, os galegos e todos aqueles que entran nestas páxinas, ese tipo de discusións non axudan a conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:44, 18 agosto 2007 (UTC)

Ola 87.217.144.97. Semella que sigue empeñado en facer suposicións sen fundamento (xa que di coñecer o funcionamento dos wikis saberá que é un procemento de discusión erróneo). Cada nova mensaxe ofrece máis datos ao respecto. É libre de pensar o que queira e ignorar o contido das mensaxes que lle deixei. Supoño que se decatará de que este proxecto non vai de simpatías ou antipatías, se vostede quere facer ese reducionismo non serei eu quen llo quite da cabeza. A cuestión fundamental que me obriga a intervir e un feito concreto e verificable: unha acusación infundada e unha discusión prexudicial para este proxecto (desvia esforzos dun usuario moi activo cara a unha cuestión que non contribúe á mellora do wiki). Está claro que Xabier Cid non necesita ningunha defensa, o seu historial é a súa propia defensa. Espero que agora lle quede claro o sentido da miña mensaxe, se quere interpretala como "amiguismo" e armar unha argumentación de prexuízos e cousa súa. Mentres consiga que o funcionamento do wiki non se vexa prexudicado doume por satisfeito. Se quere a min pode acusarme do que queira, nese tipo de discusións non vou entrar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:16, 18 agosto 2007 (UTC)

Sobre rexistros[editar a fonte]

  • Boas Usuari@ anónimo, compre, e se non é moito pedir, que te rexistres antes de proceder a novos artigos; a finalidade do rexistro é darlle unha certa liberdade o usuario que está a traballar, namentres que as Ip's soen ser de clasificación anonimo-vandalicas. Sería unha mágoa que un administrador mal-interpretase o teu traballo e te restrinxise a un bloqueo por tempo indefinido creendo bloquear unha Ip's vandálica. Un saúdo e agardo que ista resposta-directriz non sexa motivo de que deixes de traballar niste proxecto xa que, tan só, pretende ser unha mensaxe de caracter aclarativa.
  • Observo poderosamente que está a haber unha forte discusión sobre (o meu entender) o artigo de "Vicedo"; se non é que se está a referirse a outra cousa. No tal caso que sexa así e, tomando un parágrafo posto por tí nunha paxina que dí "por favor, esquezaa vostede e intente imaxinar, só por un segundo, que talvez eu coñeza tan ben como vostede o funcionamento do wiki." Si ésta parte é correcta pola súa parte, máis reforzo me da a mín para soicitarlle que se rexistre e poida seguir defendendo os seus criterios. Chegados a iste punto direille que é culpabel de mal proceder dicir que se está a defender "amiguiños" (coido que non faia falta que reproduzca a letraxe onde o pon claramente) xa que iste proxecto cada quen aporta o que boamente pode, eso si, de forma neutral. E voltando o principio, lembrarlle amabelmente que se rexistre xa que é máis dificultoso facer un bloqueo dun usuario que dunha Ip's coma modo de prevención (nas que se soe, apagar o modem, router, wifi....., e chiscarlle para acender a por dunha nova Ip's). Neste derradeito caso empregarase o dito "amiguiños, si; pero a vaca polo que vale". Un saúdo e teña un bó dia.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 16:30, 18 agosto 2007 (UTC)
  • Xelo, contestolle aqui pois non podo editar a sua paxina (talvez ten medo a que lle saquen as cores na sua paxina? voltamos ao do orgullo, ai!). A verdade é que pouco lle poido discutir pois non me entero do que quere dicir (pareceme que vostede tampouco, xa que fala do artigo "Vicedo"); atrevome a suxerirlle, para facilitar a comprension, que trate de articular un pouco mellor o seu discurso.
    • Non me rexistro, xa que non me interesa. Cando haxa outro grupo dirixindo a wikipedia galega xa o farei.
    • Finalmente, xa que perdeu o tempo conmigo, aconsellandome, eu tamen lle vou recompensar cuns cantos consellos linguisticos usando somente o texto que me adicou:
  1. non se di "soicitarlle" senon "solicitarlle".
  2. dise "fai falla", e non "fai faia": faia é unha arbore.
  3. o condicional en galego e "se", non "si", que é un castelanismo
  4. non se escribe "mín" senón "min"
  5. dise "voltando ao principio", non "voltando o principio"
    • Admito que me sorrin co da vaca, sigo a preguntarme o porqué. Saudos .--87.217.144.97 16:58, 18 agosto 2007 (UTC)
    • Ben, poderia pregarlles que me deixen traballar un pouco ?, grazas, non vaia a parecer que os administradores non teñen ningunha cousa mais interesante que liarse conmigo.--87.217.144.97 16:58, 18 agosto 2007 (UTC)
  • Estupendo, semella que é vostede o que non leu o cadro alaranxado que está na parte superior da miña paxina de discusión. (craso erro pola súa parte). Falame de cores, xa as tiven, pero non con Ip's (se non coñece este concepto aconsello se informe). A miña intención fronte a vostede é de darlle un consello, súa resposta, consellos linguisticos (ou debera de poñer lingüisticos). Advertirlle que non pertenzo en nengun grupo (eso suxire) xa que vou por libre. No apartado de vicedo olle isto e logo comprenderá, [1] se quere o meu requerimento de que se rexistre. No derradeiro punto pide que se lle deixe traballar, por min dacordo, que que saiba que pode ser victima dun bloqueo tal e coma lle dixen antes. Saudos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 17:19, 18 agosto 2007 (UTC)
      • Xelo, simplemente, pidolle que me deixe traballar tranquilo, maxime cando non se atreve nin a deixar que lle discutan na sua paxina, escudándose en vitimismos. Non me amenace con que "pode ser victima dun bloqueo tal e coma lle dixen antes", pareceme patetico, se ten razons para facelo fágao. Insisto, deixeeme traballar tranquilamente. Grazas. O seu consello pagollo con outro: aprenda galego e traballe na creacion/correccion de paxinas. Primeira leccion: dise "a súa resposta" e non "súa resposta".

--87.217.144.97 17:43, 18 agosto 2007 (UTC)

Ola, vin que estás a traballar en artigos sobre o Antigo Exipto. Cando eu comecei na Gali tamén andive nelo e desvotei a Wiki es e a pt como fontes polas súas imprecisións e optei por usar como base o Diccionario do Antigo Exipto de AKAL xunto co resto da bibliografía que dispoño sobre o tema. Dígoche esto xa que seguindo a Ian Shaw, non hai datos suficientes para decir que foi a capital de Exipto durante todo o Imperio Antigo, tampouco se atopa no Cairo, senón preto do pobo de Mit Rahina a uns 24 quilómetros ao sur do Cairo. Só iso, debemos andar con precaución. Por certo, parabéns polo teu traballo e ánimo que en temas de historia "andamos un pouco coxos" Lansbricae (Ti dirás) 22:07, 18 agosto 2007 (UTC)


Resposta: Para borrar sempre hai tempo, eu faría o que xa vin que fixeches evitar as aseveracións demasiado taxantes (a non ser que teñamos varias fontes) e seguir a melloralo ou deixalo para que o melloren os compañeiros, deste xeito entre todos imos tapando as nosas faltas e mellorando o conxunto. P.D. do de Las espero que non sexa de procedencia "celta" como din os que visitan o lugar ( Lansbricae (en construción)) porque eu fumo rubio jeje, e dame un pouco de vergoña o tema do celtismo galego cando a película cambiou moito... Espero que coincidamos moitas veces máis (o que non sei e se te recoñecerei pola ip). Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 22:20, 18 agosto 2007 (UTC)

Ola de novo. Prefería que houbese algo de calma e silencio entre ti e mais eu, pero véxome obrigado a explicarche por que revertín algunhas das túas últimas modificacións: tanto pero como mais son palabras perfectamente galegas e admitidas pola Norma. Neses casos, non sendo que teñan unha explicación doutro tipo, adóitase seleccionar a escolla da persoa que escribiu o artigo orixinalmente. Moitas grazas. --Xabier Cid 15:39, 19 agosto 2007 (UTC)

    • edito, convición, cadavre, de sópeto, etc., son todas elas formas incorrectas. Por iso foron tamén revertidas. Mantiven as túas atinadas correccións onde era o caso. Grazas. --Xabier Cid 16:14, 19 agosto 2007 (UTC)

Ra (deus)[editar a fonte]

Boas, o artigo Ra (deus), que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2022 ás 12:13 (UTC)[responder]