Conversa usuario:Lévedo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Lévedo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2016 ás 08:44 (UTC)[responder]

Apertium galego>catalán[editar a fonte]

Boas!, non sei se te lembrarás pero comezara na lista de Apertium unha proposta para preparar esa aplicación para facer traducións do galego ó catalán... O conto comezou porque lles mandei a petición para que así a ferramenta se poida usar co Tradutor de Contidos. O caso é que a cousa quedou un pouco parada e quería saber se aquí na Galipedia poderíamos facer algo, revisar vocabulario, regras ou o que sexa, para que se poida levar adiante o proxecto. Fixen unha copia desta páxina nunhas subpáxinas (Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl1, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl2, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl3, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl4, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl5, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl6, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl7, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl8, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl9, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl10, Usuario:Elisardojm/tradutor ca-gl11) coa idea de que os que queiran vaian revisando o contido, pero aínda non o anunciei na taberna porque non sei se realmente paga a pena revisalos, se non fai falta, ou se hai outras cousas máis importantes a revisar.

Agradeceríache moito que me axudaras con isto porque o Tradutor de Contidos é unha ferramenta moi boa para achegar contido á Galipedia, e o Apertium é unha aplicación excelente para axudar coas traducións, e con estas dúas ferramentas axudaríase moito ós usuarios que queiran achegar contidos da wikipedia en catalán que ten bastantes artigos de gran calidade.

Pois nada máis, perdoa polo "tocho" e xa me contarás o que che parece este conto :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2016 ás 17:00 (UTC)[responder]

Ola mozo. Non me lembro de ler a túa mensaxe na lista de distribución do Apertium, síntoo... Pero a boa nova é que si que me puxen en contacto coa persoa responsábel dunha versión de probas que fixeron do par cat-glg. Expliqueilles que eu xa fixera outra hai un par de anos á que só lle faltaba revisar e mellorar as regras de transferencia (levan choio e precisan tempo). A partir de aí acordamos revisar a nova proposta que está no repositorio e xa comecei a facelo no meu computador (as fins de semana, cando podo). Eu ando bastante enredado e non teño moito tempo para dadicarllle, pero teño xa unha versión que comeza a facer bastantes cousiñas (o que máis choio dá son as regras para a equivalencia de tempos verbais e dos pronomes persoais) e déronme acceso para poder actualizar o repositorio co que vaia facendo. Aínda non subín nada da versión que estou preparando (así que haxa novidades, aviso, non hai problema, pero hai que actualizar tamén todo o paquete apertium-glg -monolingüe-) porque quería subir algo que fose xa minimamente funcional... No tocante aos enlaces con equivalencias para o dicionario bilingüe que deixas, non os vou revisar agora; explícome: un dicionario bilingüe obtense mediante cruzamentos (podes ver os que fixen cando estaba na Autònoma en http://estudisgallecs.uab.cat/gleuca/) e o máis importante, ao primeiro, é que estean presentes as equivalencias dos elementos gramaticais e dun léxico mínimo para poder experimentar co comportamento das regras de transferencia. Ampliar o dicionario bilingüe penso que é mellor facelo cando todo funciona (e cómpre ter en conta que ampliar unicamente o bilingüe non chega, é preciso que os lemas estean tamén en cada un dos dicionarios monolingües), tamén hai fontes para facer ampliacións cuantitativamente sensíbeis como o WordNet, a propia Wikipedia ou a DBpedia... Se dispós de tempo para facer probas, é máis ca probábel que haxa que dedicarllo... Eu intentarei organizar o que levo feito e actualizar o repositorio (a ver se vai xa esta fin de semana). Se andas polas Rías Baixas ou arredores tamén podemos vernos, que explicar todo isto a parágrafos aínda vai levar o seu. :) --Lévedo (conversa) 15 de abril de 2016 ás 19:20 (UTC)[responder]

Tes razón, eu non che mandei ningún correo, acabo de revisar e resulta que un correo teu reenvioumo Francis Tyers, era máis ou menos :) Eu non teño nin idea de como crear un tradutor pero axudarei no que poida. Tempo non teño moito pero como isto pode ser de interese para máis xente da Galipedia, cando faga falta facer algunha cousa ou revisar algo podemos comentalo na taberna e, como aquí sabemos ben, moito choio entre moitos é pouco ;) Ti cando vaias sabendo, vai comentando o que fai falta facer e vemos como nos organizamos.
Eu polas Rías Baixas vou de cando en vez, e si que poderiamos quedar para falar un chisco, para a próxima déixoche un aviso a ver se che acae ben. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2016 ás 22:44 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Lévedo. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa:Corrente de jet".

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 15:15 (UTC)[responder]