Conversa usuario:Kai670

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Kai670!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Rocastelo(fálame aquí) 17:24, 22 maio 2006 (UTC)

Seguramente metín a pata co estilo, pero por que suprimiches a ligazón a conca en Douro?--Xabier Cid 20:23, 12 xullo 2006 (UTC)

  • Nada, nada... eu tamén son novo... :D Pregúntame o que queiras se che podo axudar...

É posible que se borre esta foto[editar a fonte]

Benvido Kai670. Agradecémosche as contribucións e estou ademais persoalmente encantado por haber un usuario áis que nos poida fornecer de fotos dos diferentes concellos de Galicia. Así e todo, á hora de subir fotos, é preciso coñecer cómo facelo

A foto Image:Dsc04910.jpg presenta dous problemas. O máis grave dos dous é a falta dos datos de orixe. É preciso expresar en tódalas imaxes de onde saen. Poñer que son de creación propia, poñer a ligazón á páxina web da que se recollen (dita páxina ten que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial expresamente), etc.

O segundo problema é a indeterminación do nome da imaxe. Sería conveniente que a volveses subir cun nome máis suxerente, que exprese o motivo da foto. Se o fas así, eu borraría o duplicado ó mo comunicares.

Se tes dúbidas, non entendes algo,... calquera problema que poidas ter, contacta comigo, estarei a túa disposición e encantado de botarche unha man. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:14, 13 xullo 2006 (UTC)

  • Ola de novo. Xa supuña que a foto era túa e que o problema era un leve descoñecemento. Indícoche paso por paso o que sería ideal que fixeses:
  1. Volve subir a imaxe con outro nome, por exemplo: Vigo dende o Monte do Castro,jpg
  2. Cando a esteas subindo, aparecerache unha caixa que pon Resumo, pon: foto realizada por http://gl.wikipedia.org/wiki/User:Kai670 e non esquezas de engadir ademais os datos que tiñas na outra foto.
  3. Comunícame que xa o fixeches para eu borrar Image:Dsc04910.jpg e que non haxa imaxes duplicadas.

Se te confundes á hora de incluír datos no campo do resumo das fotos, pódense variar facendo o seguinte:

  1. Accede á foto que sexa, proba con Image:Dsc04910.jpg (facendo click neste enlace)
  2. Na parte superior verás unha pestana que pon editar, fai click nela.
  3. Varía os datos escribindo na páxina de edición
  4. Garda a páxina. Se queres, previamente a gradar. fai click en visualizar cambios.

Cando me comuniques que podo borrar esa imaxe, mellorarei eu a presentación dos datos da foto que subas, para que vexas e aprendas a facelo máis bonito (mellor presentado)

Non te preocupes por cometer erros. Pasounos a todos. Eu cometín moitos, e a índa os cometo. O caso é aprender e cada día ir facendo mellor as cousas. Comigo podes contar para o que desexes (sempre que non estea de vacacións). Ten claro que as túas aportacións son moito máis importantes cós erros que poidas cometer, os cales son subsanables. Reitero que estou á túa disposición. Se algo non che queda claro, indícamo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:43, 13 xullo 2006 (UTC)

Subín fotos túas a Commons. Houbo unha que me gustou en especial Image:Castelo de Santa Cruz (Oleiros).jpg e tomeime a licenza de traballala para que a illa quedadse un pouquichiño máis clara e se vise mellor o castelo. Podes ver a variación en Commons:Image:Castelo de Santa Cruz (Oleiros).jpg. en Commons:Category:Oleiros hai algunha máis. Espero que non che moleste que a variase lixeiramente. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:15, 15 xullo 2006 (UTC)

  • Inda nunca che agradecera as túas colaboracións. Grazas. De aquí en diante considera que son un compañeiro á túa disposición. Unha aperta --Lmbuga Commons - Galipedia 00:02, 17 xullo 2006 (UTC)

Ola Kai670, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:52, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Kai670. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:55, 6 decembro 2006 (UTC)