Conversa usuario:Josegar
Benvido(a) á Galipedia, Josegar!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:20, 6 de outubro de 2010 (UTC)
Bodegas Eidosela[editar a fonte]
Ola, Josegar. Vin o que escribiches na votación sobre o borrado de Bodegas Eidosela. Debes ter en conta que o artigo, tal e como se atopa actualmente, é a mínima expresión dun artigo. De feito, moitas das wikipedias teñen sistemas automáticos que borran inmediatamente os artigos que se crean e non chegan a ter un mínimo de extensión. O artigo no seu estado actual non merece permanecer. Agora ben, se realmente tes interese en editar na wikipedia eu ofrézome para axudarte encantado en aquilo sobre o que esteas máis interesado en escribir. Comunícate comigo na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:25, 6 de outubro de 2010 (UTC)
Ola, Josegar. Que ben que queiras recuperar o artigo de Bodegas Eidosela. De todos os xeitos, teño que dicirche que algo moi importante na wikipedia é respectar o punto d vista neutral, e por iso mesmo non se recomenda que as persoas involucradas na entidade sobre a que se fai o artigo teñan algunha relación de proximidade con ela. Se tes calquera dúbida, comunícate comigo na miña páxina de conversa. Un saúdo. --Xabier Cid Talk, please 00:19, 7 de outubro de 2010 (UTC)