Conversa usuario:JESSIP
Benvido(a) á Galipedia, JESSIP!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 21:55, 29 de maio de 2011 (UTC)
Nomenclátor[editar a fonte]
Segundo o nomenclátor, que para ben e para mal é o oficial, é A Aluncia, con artigo. Por favor, non o modifiques. Se pensas que hai motivos para que sexa sen o artigo, escríbelle á Xunta, fai que modifiquen iso na actualización do nomenclátor e a partir de aí xa o modificamos aquí, mais non ao revés, porque a Galipedia non é unha fonte primaria. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:25, 1 de agosto de 2011 (UTC)
Datos para o lugar de Cotas[editar a fonte]
Xa somos dous con familia na zona! Eu son da aldea de Baltar. Baseime en documentos escritos e orais. ¿De que aldea es?
Saúdos.--Andrespe 11:01, 16 de outubro de 2011 (UTC)
Eliminar conversas[editar a fonte]
Por favor, non elimines conversas.
Un saúdo, grazas. --. HombreDHojalata.conversa 13:00, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)