Conversa usuario:Informadordered

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Informadordered!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Banjo tell me 10:46, 30 marzo 2009 (UTC)

Boas e benvido, Informadordered! Grazas por colaborares na Galipedia. Tiven que mover a páxina que crearas debido a que estaba todo en maiúsculas. En canto ao contido, recoméndoche que visites a páxina de axuda, en concreto Wikipedia:Como editar unha páxina, xa que hai recomendacións sobre a mellor forma de editar unha páxina para poderes mellorar a túa. Podes contar comigo para o que queiras, e pregunta se tes dúbidas (podes facelo na Taberna) que hai moitos usuarios dispostos a axudarche. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:52, 20 maio 2009 (UTC)

Borrado do artigo[editar a fonte]

Acabo de borrar o artigo Determinación de alcohol no sangue. O artigo foi creado o 20 maio por ti e fuches advertido canto a falta de formato e o posible copyvio (http://www.biol.unlp.edu.ar/toxicologia/seminarios/parte_1/etanol.html) o mesmo día 20 de maio, tanto mediante marcadores na propia páxina como mediante mensaxes na túa páxina de usuario. O 1º de xuño supriches o texto copiado da web e engadiches un par de ligazóns internas, pero sen corrixi-los numerosos erros ortográficos nin dar o formato propio da Galipedia. Por tales razóns (a máis das expresadas nestes días por outros usuarios), procede o borrado da páxina. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:09, 3 xuño 2009 (UTC)