Conversa usuario:Iagoastrar
Benvido(a) á Galipedia, Iagoastrar!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.. Piquito (conversa) 16:59, 4 de outubro de 2012 (UTC)
Categorías
[editar a fonte]Boas Iagoastrar! Non esquezas que cando crees un artigo novo debes metelo nunha categoría, por exemplo no caso de Andreas torkildsen metelo en Categoría:Atletas. Por outra banda, non esquezas que cando creas un artigo sobre unha persoa debes poñer o apelido con maiusculas tamén, neste caso Andreas Torkildsen. O artigo do atleta noruegués ten a simple vista algún que outro de sintaxe, espero a que acabes co traballo para que te dea tempo a corrixilos. Un saúdo, e para o que queiras. Piquito (conversa) 16:59, 4 de outubro de 2012 (UTC)
Andreas Thorkildsen
[editar a fonte]Movín o artigo a Andreas Thorkildsen. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:25, 4 de outubro de 2012 (UTC)
Traducións
[editar a fonte]Boas!, mira, acabo de ver o artigo Andreas Thorkildsen e como é unha tradución e nos resumos de edición non indicaches nada ó respecto, para manter a licenza dos artigos das wikipedias, que requiren a atribución dos autores, tes que poñer o Modelo:Traducido de na páxina de conversa cos datos da tradución. Para outras veces podes, simplemente, ir indicando de ónde traduces os contidos na caixa de resumo como se explica aqui. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:15, 13 de outubro de 2012 (UTC)