Saltar ao contido

Conversa usuario:Galipeda da Costa da Morte

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Galipeda da Costa da Morte!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 9 de setembro de 2017 ás 15:41 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Galipeda da Costa da Morte. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2022 ás 11:51 (UTC)[responder]

Moi boas, HombreDHojalata:
Penso que están corrixidas, en calquera caso, se observas algunha outra, indícame cal.
Son totalmente novato e, as veces que tentei de aprender, acabeime perdendo. Sabes se hai algún manual en pdf que me permita imprimilo e ler con detenimento?
Moitas grazas a ti e disculpas polos erros.
Un saúdo. Galipeda da Costa da Morte (conversa) 15 de xaneiro de 2022 ás 12:40 (UTC)[responder]
Por certo, atopei a ligazón de Snto Agatánxelo (https://galipedia.org/wiki/Agatangelo_di_Roma),pero esa referencia pon "Agatangelo" por vez da forma galega, e non vexo opción de corrección, por iso non a incluín no artigo de Elx. Por outra banda, se busco calquera das dúas formas na wiki en galego, non me aparece. Atopeina polo Google. Galipeda da Costa da Morte (conversa) 15 de xaneiro de 2022 ás 12:47 (UTC)[responder]