Conversa usuario:Frandieguez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Saúdos e explico marcadores nos teus artigos[editar a fonte]

Ola, puxen un marcador en dous artigos creados hoxe por ti como lixo por carecer de contido, na Galipedia para que un artigo poida permanecer ten que ter algo máis que a categoría, que é o que lle engadiches, se vas a traballar nel, e pensas engadirlle contido, podes poñerlle o marcador de {{enuso}} e así os demais usuarios xa sabemos que aínda pensas traballar nel. En canto o dos modelos que tentas incorporar directamente da wiki es, non che funcionan, tes que crealos aquí, podes mirar en Wikipedia: Axuda, alí podes bucear e atoparás os que temos. Tamén recuperei o marcador de eleccións en progreso do concello de Caldas porque aínda que na páxina do Concello estén os datos das últimas eleccións, dela pende outra páxina de toda a evolución política de Caldas, na que hai moito traballo pendente (faltan todos os datos anteriores a 2007). Saúdos e benvido. Alma (fálame eiquí) 17:41, 4 xaneiro 2008 (UTC)

E que o que tes que facer é crear unha páxina co modelo que queres crear, o que non sei é cal é o que queres traer e tampouco son unha especialista en modelos, podo botarte unha man, pero tes 1º que mirar cal é o orixinal que queres traer, non tal e como figura na páxina do artigo, senon na páxina da Plantilla ou Marcador (que é como lle chaman na es, ten distintos nomes), a partir de ahí, sobre esa base, podemos traballar para adaptalo á galipedia. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 11:49, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Copia ilegal xD[editar a fonte]

Ola! Pasácheste un pouco dándolle a copiar e pegar desde a miña páxina de usuario!haha. Ou creo vamos, ao mellor hai unha persoa no mundo case igual a min neses aspectos. Bueno, só cho dicía de broma, benvido á Galipedia.

Saúdos! ----}Meu rei

Conversa[editar a fonte]

Ola, Frandieguez, que tal? Recuperei as mensaxes da túa páxina de conversa porque as normas da galipedia non deixan que sexan borradas. Se son moi grandes, podes ilas arquivando, pero sempre deben estar visibles para que calquera poida consultalas. Non te preocupes polo erro, ;) Son cousas que pasan ao comezar. Saudiños. --Xabier Cid 23:03, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Ola, Frandieguez... Non teño moita idea dos marcadores e modelos que existen no tema de informática. O que podes facer é atopar algún que che guste (que teña a información que queres, e non máis nin menos) noutras wikipedias, e adaptalo. Eu non sei moito html para facer marcadores directamente. Usuario:Banjo pode serche de máis axuda. Por exemplo, se acudes a [1] poderás editar (e traducir ao galego, un destes marcadores. Eu téñoo feito con algúns máis sinxelos, e... non sei se che podería ser de axuda. Fala con Banjo, que seguro que che pode amañar o problema. Unha aperta, e sinto non ser máis resolutivo... --Xabier Cid 18:44, 9 xaneiro 2008 (UTC)

  • Boas, perdona por non responder antes. Polo dos modelos preparareiche unha explicación e estes días coméntoche como hai que facer, non é complicado pero hai que explicar algunhas cousiñas e ultimamente non teño moito tempo para andar por aquí, pero explicareicho en canto poida. Se necesitas facer algún modelo con urxencia avísame e faigocho nun momento. O das linguaxes de programación copieino e adapteino da wiki española, se mal non me equivoco xa o empregaches por ahi :). Outra cousiña, se traduces artigos con algún traductor informático por favor tenta revisalos despois, xa que como saberás non son 100% eficaces. Un saúdo --Banjo tell me 00:09, 14 xaneiro 2008 (UTC)
    • No canto dos traductores, se podes revisar os artigos que creaches sobre linguaxes de programación verás que por exemplo como no castelán "lenguaje de programación" é masculino aquí está como tal, cando debería ser feminino. --Banjo tell me 00:17, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  • Déboche unha explicación aínda dos modelos, sorry. Ultimamente non teño moito tempo para case nada... En meta teñen explicacións dos modelos e das funcións que se poden empregar, deixoche aquí as ligazóns: m:Hel:Template e m:Help:ParserFunctions. Bótalles un ollo, explican bastante ben. Se tés algunha dúbida en algo en concreto avísa e tentarei axudarche o máis rápido que poida. Un saúdo --Banjo tell me 12:46, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Disculpa, Fran[editar a fonte]

Sinto que che parecera tan mal o que dixen, Fran. Eu son simple usuario informático sen idea de programación. Cando leo algo dese mundo é como se lese chinés pero, neste caso, iso do pato e o cuaquear pareceume -e diculpa de novo- de cachondeo, de frikipedia. Vexo que non e retiro o dito, pido diculpas e confío en que isto no mingue en nada as túas ganas de colaborar. Logo lerei de novo o artigo e seguiremos falando. Unha aperta. Pedro --Lameiro (conversa) 18:46, 20 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:51, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Ola! Cando realizas unha tradución automática hai que ter moito coidado, o que sae dun tradutor automático non é perfecto (nin moitísimo menos). Primeiro hai que ver se o artigo xa existe, caso de Calendario chinés, e logo hai que ter coidado e non meter todo a traducir (interwikis incluídos) senón queda unha desfeita considerable. No caso de Mac OS X os acentos quedaron do tipo á. O dito, hai que ter coidado e revisar as traducións automáticas. Saúdos. AlberteSi, digame? 15:12, 7 febreiro 2008 (UTC)