Conversa usuario:Fran.dorado

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Fran.dorado. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2021 ás 11:50 (UTC)[responder]

Ola, Fran!

Non podo estar máis ledo ao ver as imaxes que subiches. Na Galipedia temos o Wikiproxecto fotos de parroquias, co obxecto de que haxa canto menos unha imaxe de cada parroquia galega. Contribuíches a ir mellorando os artigos relacionados con Sanguñedo e mais Santa María de Cexo, e é fantástico!

O que fixen agora foi crear as categorías respectivas das parroquias: commons:Category:Sanguñedo, Verea e mais commons:Category:Santa María de Cexo, Verea. Ademais, segundo o tipo de imaxe asigneille commons:Category:Churches in Verea (para as igrexas) e commons:Category:Wayside crosses in the province of Ourense (para os cruceiros), así como commons:Category:Mayors of Galicia (Spain) á foto de Antonio Dorado.

Quizais o das categorías en Commons, ao estar en inglés, sexa algo lío, pero é bastante útil. Como xa as enlacei cos respectivos artigos, agora se clicas en Sanguñedo, Verea (o artigo da Galipedia) podes ver que na columna da esquerda, cara a abaixo, pon "Wikimedia Commons"; é o enlace ás imaxes da parroquia en Commons.

Só un "pero": se te animases, sería fantástico incluír en cada foto as coordenadas do lugar. Podes ver un exemplo en Ficheiro:Igrexa de San Pedro da Gudiña fachada.jpg. Nesta imaxe podes ver tamén outro matiz: a data que aparece na información non é a do día en que se subiu a imaxe a Commons, senón a do día en que foi feita a fotografía. Isto é relevante, especialmente, en casos como a fotografía de Antonio Dorado.

Se tes calquera dúbida, escríbeme na miña páxina de conversa e intentaremos axudar no que poida. Non teñas medo se ao comezo atopas certas dificultades. O certo é que se cadra á hora de editar algunhas cousas son pouco intuitivas, mais unha vez que se lle vai collendo o truco, resulta moi cómodo de aquelar.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de xaneiro de 2021 ás 04:09 (UTC)[responder]

Monte Penagache[editar a fonte]

Boas, o artigo Monte Penagache, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 29 de xaneiro de 2021 ás 08:00 (UTC)[responder]

Para calquera cousa que precises por aquí estamos. Para asinares nas páxinas de conversa e para outros labores que o requiran (votacións...) tes na caixa de edición, arriba á esquerda o terceiro símbolo, se premes nel xa queda a túa sinatura onde teñas o cursor.--HacheDous=0 (conversa) 31 de xaneiro de 2021 ás 12:58 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Fran.dorado. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa usuario:HacheDous=0".

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 7 de febreiro de 2021 ás 18:58 (UTC)[responder]