Monte Penagache

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°05′25″N 8°05′40″O / 42.09028, -8.09444

Penagache.

O monte de Penagache, de 1.226 metros de altitude, está situado na Serra do Laboreiro. Fai de linde entre os concellos de Verea e Quintela de Leirado.

Historia[editar | editar a fonte]

Na época de posguerra foros moitos os veciños adicados ao estraperlo que, aproveitando a súa proximidade coa Raia Seca, atravesban a Serra do Laboreiro por aquí para chegar a Castro Laboreiro. Estas viaxes facíanse pola noite, moitas veces con condicións climatolóxicas adversas, tales como neve, choiva, vento e frío de montaña. Os produtos cos que máis se comerciaba eran o café, as pedras de chisqueiro e o bacallau salgado (denominado na zona como bacalao). Debido a isto, construíuse máis tarde un cuartel da Garda Civil na zona. Antes da inclusión de España na Unión Europea, todos os anos, acudían ao Concello alcaldes e diversos funcionarios dos concellos da raia galego-portuguesa para revisar os lindes entre a Galiza e Portugal.