Conversa usuario:Framontb

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Framontb!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 28 de outubro de 2021 ás 07:29 (UTC)[responder]

Boas, o artigo Dkim, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 28 de outubro de 2021 ás 07:30 (UTC)[responder]

Formatar artigo[editar a fonte]

Ola, Framontb. O artigo que creaches, Dkim ten o marcador de curto de máis e tampouco segue o formato da Galipedia. Nas ligazóns anteriores da Benvida tes unha Guía de edición que che pode resultar útil. Deberías comezar por aí. De non facelo nun tempo axeitado, ou se outro usuario non o mellora, o artigo será borrado pois, na Galipedia, preferimos a calidade á cantidade. Ánimo e non te cortes; trata de melloralo. E se tes dúbidas, non teñas medo de contactar. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 28 de outubro de 2021 ás 07:38 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Framontb. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 29 de outubro de 2021 ás 20:16 (UTC)[responder]