Conversa usuario:Filósofo Galego
Benvido(a) á Galipedia, Filósofo Galego!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 19 de abril de 2015 ás 20:20 (UTC)
Interwikis[editar a fonte]
Ola Filósofo Galego.
Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata.
Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.
Un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 20 de abril de 2015 ás 18:04 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]
Ola Filósofo Galego.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 20 de abril de 2015 ás 18:13 (UTC)
Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]
Ola, Filósofo Galego. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2015 ás 10:20 (UTC)
John Glenn[editar a fonte]
Boas Filósofo, o artigo John Glenn, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2017 ás 21:27 (UTC)