Conversa usuario:FerMirra
Benvido(a) á Galipedia, FerMirra!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 25 de marzo de 2016 ás 13:49 (UTC)
Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]
Ola, FerMirra. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref>
despois da información, poñendo no lugar de referencia
a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}}
ou {{Cita web}}
. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 25 de marzo de 2016 ás 13:51 (UTC)
Enxebre orde da vieira[editar a fonte]
Boas, desfixen as túas edicións no artigo porque non se poden poñer ligazóns externas no corpo dos artigos, a sección para poñelas é ó final. O que se pode poñer, e debe facerse, son referencias á información que contén o artigo. Se precisas axuda podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2016 ás 09:38 (UTC)
- Boas outra vez, no artigo Enxebre orde da vieira, que fixeches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 09:13 (UTC)