Saltar ao contido

Conversa usuario:Faxeirada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Faxeirada!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 10:24, 17 outubro 2009 (UTC)

Festa dos Reis

[editar a fonte]

Boas, Faxeirada. Repasa, por favor, a redacción do artigo Festa dos Reis para eliminar opinións subxectivas e non referenciadas, como "carácter un tanto cerrado, só se pode participar se vives no pobo que a celebra" ou "propicia que se manteñan as tradicións intactas dende tempos inmemoriais". Por outra banda, se non hai mais que publicacións esporádicas ¿cal sería a referencia da existencia e das actividades desta festa? Lembra que a túa propia experiencia, se es participante nela, non se pode admitir como referencia: calquera usuario da Galipedia debería ter ó seu alcance textos acreditados que garantan o contido do artigo. Tamén convén que lle deas unha volta á ortografía. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:45, 17 outubro 2009 (UTC)

  • Deculpa por non comprobar no historial quen foi o editor. Trabuqueime ó ve-las túas edicións e por iso dirixinme a ti. Se cres que o libro das Frieiras de Rodríguez Cruz pode describir esta festa, eu mañán podo conseguilo e botarlle un vistazo. Así podemos poñerlle referencias e ampliar, se procede. Canto ó que me dis, acertaches na forma de responder: eu colgo unha mensaxe na túa páxina de conversa e ti contestas na miña. Perfecto. Só que esqueciches asinar: iso faise clicando no 4º botón da dereita da botoeira que tes por riba da ventá de edición (un botón que semella unha firma). E tamén tes razón ó supoñer que se a información do artigo non tivese referencias habería que borralo, xa que aquí non caben informacións primarias. Grazas pola túa comprensión e aquí me tes para o que faga falta. E repito que sinto non comprobar antes de botarche as culpas do que fixo outro usuario. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:38, 18 outubro 2009 (UTC)